01/03/2026

Roteiro María Victoria Moreno e Castelao

 A semana pasada, o alumnado de 3º e 4ºde Primaria percorreu as rúas de Pontevedra para  coñecer mellor a vida e obra de María Victoria Moreno, unha muller que, aínda nacendo fóra de Galicia, escolleu o galego como lingua para escribir e ensinar. No ano 2018 dedicóuselle o Día das Letras galegas pola súa importante contribución á literatura infantil e xuvenil en galego e pola seu compromiso coa lingua galega.

                                    


Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º de primaria afondaron na figura de Castelao: escritor, debuxante e político defensor de Galicia. Ao longo do percorrido descubriron que non só escribía, senón que tamén expresaba as súas ideas a través do debuxo e do humor, como poideron observar na Aula Castelao do Museo de Pontevedra.

           



Estas camiñadas non foron só unha actividade ao aire libre, foron unha maneira diferente de aprender, compartir e sentir a nosa cultura.

Parabéns ao alumnado polo seu interese e comportamento exemplar!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Novo horto no colexio!!

  Familias, alumnado, profesorado e personal non docente colaboran na creación dun novo horto escolar. Dentro do Proxecto de Voz Natura, a h...