27/03/2026

FITUR no CEIP de Marcón

 O alumnado de 3º e 4º de primaria participou nun proxecto escolar moi enriquecedor no que investigou, debateu, seleccionou información e creou contidos arredor de distintos lugares do mundo onde a música en directo é a protagonista.Ao longo do proceso, repasaron, aprenderon coñecementos de forma activa e achegáronse a diferentes culturas, ampliando a súa visión do mundo.

como peche do traballo convidaron ás súas familias a gozar dunha viaxe virtual por oito destinos seleccionados, nos que a música servíu de fío condutor.

Completaron a actividade cun percorrido poos standa dos distintos países, onde compartiron todo o aprendido.

Estes nenos e nenas demostraron un gran esforzo e ilusión, rematando o trimestre da mellor maneira posible, Parabéns!!



         
                      









                           
       

                             

Grazas, familias, por poñerlle ritmo a FITUR coa vosa presenza!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario

FITUR no CEIP de Marcón

  O alumnado de 3º e 4º de primaria participou nun proxecto escolar moi enriquecedor no que investigou, debateu, seleccionou información e ...