13/03/2026

8 M: "Día da muller"

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, no colexio realizamos unha actividade colaborativa na que participou todo o alumnado.

Cada curso investigou e traballou sobre mulleres no mundo da música: cantantes, compositoras, instrumentistas... que ao longo da historia contribuítron a facer da música un espazo máis diverso e rico.

O resultado foi unha saia colectiva que agora viste o maniquí situado na entrada do colexio. Este traballo é tamén un recordatorio da importancia de seguir dando visibilidade ao talento e ás achegas das mulleres na cultura e na sociedade.


Temos  polos corredores recomendacións lectoras para esta data, para que o alumnado colla na Hora de Ler.

Porque a música tamén conta historias de igualdade...o alumnado de 6º de primaria (Voluntarios da biblioteca) deixannos un podcast sobre mulleres na música.


Grazas por compartir e traballar para que a igualdade forme parte do noso día a día!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

8 M: "Día da muller"

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, no colexio realizamos unha actividade colaborativa na que participou todo o alumnado...