09/03/2026

"Adiós ríos, adiós fontes"

O alumnado do colexio participou no recitado do poema "Adiós ríos, adiós fontes", na radio escolar nenos e nenas puxeron voz a cada verso deste poema tan coñecido de Rosalía. Deixámosvos o podcast para que poidades escoitalos.

Ademais, todo o alumnado participou na decoración dos chanzos das escaleiras co poema traballado. Ollade que bonitas lucen!                                                       



                

O alumnado, voluntario da biblioteca, de 6º de primaria,  comparte tamén un podcast sobre Rosalía de Castro:


Os nenos e nenas de 5º de primaria homenaxean a Rosalía cantando en versión Rap "SEMPRE ROSALÍA"


Os nenos e nenas de infantil ilustran e cantan as primeiras estrofas do poema:
      

      

      



Parabéns a todos e todas polo fantástico traballo
VIVA ROSALÍA!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os nenos e nenas de  6º de infantil desenvolveron un traballo relacionado co PDI deste curso:  "Viaxe musical polo mundo".  A trav...