05/03/2026

"La casa de los ingleses"


A biblioteca escolar encheuse de música e emoción cunha actuación moi especial do grupo La casa de los ingleses. O alumnado tivo a oportunidade de gozar dun pequeno concerto, nun ambiente próximo e cheo de enerxía.

A visita foi aínda máis especial porque dous dos integrantes do grupo son pais dun alumno e unha alumna do colexio, o que fixo que a actividade se vivise cunha ilusión compartida por toda a comunidade educativa.

 Foi unha experiencia enriquecedora que tranformou a biblioteca nun pequeno escenario cheo de ritmo e curiosidade.





Desde aquí queremos agradecer a La casa de los ingleses a súa xenerosidade por compartir o seu tempo e a súa música con nós. 

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Pechamos a biblioteca con música!

  O curso está a chegar ao seu fin e a biblioteca pecha as súas portas ata o vindeiro curso. Nesta semana permanecerá só aberta para o prést...