O alumnado de 1º e 2º de primaria realizou unha saída pola senda do Lérez, desde Bora ata a praia fluvial. Durante a percorrido, observaron a natureza e diferentes elementos do río: as fervenzas, os distintos ritmos da auga e o seu son, o antigo balneario e a depuradora.
Na merenda, lanzaron barquiños feitos por eles, con materiais non contaminantes, co obxectivo de que chegasen ata o final do percorrido. Ademais, ao longo da ruta, participaron en adiviñas relacionadas coa contorna e xogos, facendo da experiencia unha actividade lúdica e enriquecedora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario