30/04/2026

Cantigas no peto: Día da danza

Con motivo do Día Internacional da Danza, que se celebra o 29 de abril, no colexio desenvolvemos a actividade "Cantigas no peto" con cancións que levan consigo unha pequena coreografía, por iso nesta ocasión, a nomeamos "Cantar e bailar".

Desde tempos moi antiguos, as persoas bailaron para festexar, para contar o que lles pasaba ou como parte de rituais. Por iso, cada cultura ten as súas propias danzas.

O obxectivo da actividade  é a de gozar, compartir e aprender xuntos. Non se busca a perfección, senón a participación activa, o respecto polos demais e o desfrute da experiencia.

As danzas traballadas foron:

Infantil: "A pulga na palla", 1º de primaria: "A caminho de Visseu", 2º de primaria: "Tris-Tras", 3º de primaria: "O regadiño", 4º de primaria: "O señor da serra", 5º de primaria:  "O Lambonciño" e 6º de primaria: "Mazarico".

Por mor da chuvia, a actividade que comezou no patio exterior do cole tivemos que trasladala ao patio cuberto, quedando un pouco pequeno o espazo, aínda así, bailamos e cantamos.









GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS NESTE DÍA DE CELEBRACIÓN!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Cantigas no peto: Día da danza

Con motivo do Día Internacional da Danza, que se celebra o 29 de abril, no colexio desenvolvemos a actividade "Cantigas no peto" ...