24/04/2026

23 de abril "DÍA DO LIBRO"


 Celebramos o "Día do libro" con dúas sesións de contacontos na biblioteca a cargo do alumnado  de 6º de primaria voluntario da biblioteca que nos agasallaron dúas sesións de contacontos .

Na primeira sesión, un grupiño dramatizou  "Orellas de bolboreta", unconto no que aprendemos que todas as persoas somos diferentes e que as diferenzas son o único que nos fai únicos e valiosos finalizando coa canción homónima baseada no conto  e, na segunda sesión, outro grupo, fixo unha versión cantada do conto "A que sabe a lúa? que nos demostra que xuntos podemos chegar máis alto.

         

           

    Desde a biblioteca do colexio, queremos aproveitar este día para lembrar que os libros son unha ferramenta fundamental para aprender, medrar e entender mellor o mundo que nos rodea. Sigamos lendo imaxinando e medrando xuntos!!!Feliz Día do Libro!!

                  ,Moitísimas grazas por compartir!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

23 de abril "DÍA DO LIBRO"

 Celebramos o "Día do libro" con dúas sesións de contacontos na biblioteca a cargo do alumnado  de 6º de primaria voluntario da ...