12/06/2025

VISITA DE IRIA MISA

Este mércores, 11 de xuño, tivemos a sorte e o pracer de recibir na nosa biblioteca a Iria Misa, autora do libro "Unha veciña de cine" da editorial Xerais. Un libro que lemos no Plan de Lectura e que nos encantou.
Con ela charlamos da historia do libro, dos xéneros de cine, de películas, de como crear historias...
Iria, rematou asinándonos os libros a todos e todas cunha fermosa adicatoria.
Grazas Iria pola charla  tan interesante, pola túa amabilidade e cercanía e por crear historias tan divertidas.



                                   

    
      GUSTOUNOS MOITO ESTAR CON IRIA, GRAZAS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día de Rosalía

O 23 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" lembrando a figura de Rosalía de Castro , unha das voces máis importantes da nosa ...