Hoxe o alumnado de Infantil, 1º,2º e 3º de primaria gozaron dunha fantástica xornada.
No Teatro Principal poideron ver tres curtametraxes verdadeiramente interesantes, con temática sobre a curiosidade, a familia, a diferenza, o medo... Ao remate, achegáronse ao Museo onde o grupo dos maiores fixeron de detectives para resolver o roubo dun cadro buscando pistas agochadas entre as obras. Os máis pequenos realizaron un obradoiro de arxila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario