11/06/2025

EXCURSIÓN A SÁLVORA!!

 O luns, 2 de xuño, os nenos e nenas de 4º,5º e 6º de primaria saíron de excursión de fin de curso á Illa  de Sálvora (pertencente ao Parque Natural "Illas Atlánticas de Galicia".

Alí fixeron un percorrido ata a aldea na que viviron hai anos os habitantes da illa, entraron na escola, observaron os hórreos carcaterísticos da illa, a paisaxe e as gaivotas "patiamarelas" que alí aniñan.

Despois da andaina, poideron darse un baño nas augas turquesas da praia, preto do peirao, o día estivo espectacular!











 PASÁMOLO MOI BEN!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

POLA SENDA DO LÉREZ

      O alumnado de 1º e 2º de primaria realizou unha saída pola senda do Lérez, desde Bora ata a praia fluvial. Durante a percorrido, obser...