05/06/2025

Encontro literario "Filla das ondas" e visita á Residencia da Terceira idade

 Hoxe os Voluntarios e Voluntarias da Biblioteca de 6º de primaria realizaron dúas actividades moi diferentes pero igualmente interesantes.

A primeira hora, asistiron a un Encontro Literario con Fina Casalderrey e Xosé Cobas (autora e ilustrador) para falar do libro "Filla das Ondas" que todos e todas leran con anterioridade, o encontro tivo lugar no ESPAZO NEMONON en Pontevedra, onde a editorial Kalandraka expón as ilustracións orixinais de Xosé Cobas. A sala estará aberta para o público ata o día 27 de xuño de luns a venres en horario de 12 a 14 h.

  

Ao remate desta actividade, na que todos e todas desfrutamos moitísimo, e despois de repoñer forzas merendando, achegámonos ata a Residencia da Terceira Idade de Campolongo para agasallar aos residentes cunhas cantigas tradicionais e un poema de Rosalía "Has de cantar", que primeiro recitaron e logo cantaron.

 Finalizaron, regalándolle o poema de Rosalía cunha dedicatoria personalizada: "Un sorriso, un poema, unha cantiga...para ti con corazón desde o cole de Marcón" que todos e todas agradeceron cun forte aplauso.




PARABÉNS NENOS E NENAS, UN TRABALLO FERMOSO!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Club de lectura de adultos

  O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS”. É unha oportunidade para crear momentos especiai...