O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria gozou dunha camiñata ata o monte San Cibrán. Foi unha xornada onde os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer a nosa contorna natural.
Ao chegar, organizáronse diversos xogos e actividades lúdicas que fomentaron a convivencia ,a cooperación e o respecto pola natureza. Despois de tanto movemento, tocou repoñer forazascunha deliciosa merendola compaertida entre risas e boa compañía.
Con moita enerxía e ledicia, emprenderon de novo o camiño de volta ao cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario