08/06/2025

NOVOS CINEMAS

 Como remate ás actividades de cine, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria gozaron, na biblioteca, da proxección de tres curtas que nos achegaron de "Novos Cinemas".

As curtas escollidas foron: "Entre deux soeurs", "Tournesol" e "La boulangerie de Boris".

"Entre deux soeurs": explora a relación afectiva entre dúas irmáns, os lazos familiares e as emocións profundas como o amor, celos, protección...

"Tournesol": trata a sobre a importancia de coidar o medio ambiente e a relación das persoas coa natureza.

"La boulangerie de Boris": aborda  temas como a amizade e o traballo en equipo, enfatiza o valor das pequenas cousas e a resiliencia.

Unhas curtas que nos gustaron moitísimo e coas que despois poidemos debater.

   GRAZAS A NOVOS CINEMAS POR ACHEGARNOS ESTA ACTIVIDADE TAN  DIDÁCTICA E ENRIQUECEDORA!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Calendario 2026!!

  Despois das vacacións de Nadal, retomamos o curso co calendario 2026 onde a música é o fío conductor para cada mes do ano. Un calendario q...