12/12/2025

Remata o outono!!!

Os nenos e nanas de 5º de infantil exploran medidas e tamaños no remate do outono. Ollade que maravilla!!!







           
                                         

 Neste caso, vale máis unha imaxe que mil palabras . Parabéns !!!


11/12/2025

Visita a Radio Pontevedra

O pasado 4 de novembro, o alumnado de 3º e 5º de primaria visitaron as instalacións de Radio Pontevedra. Alí, amosáronlles as diferentes seccións onde se preparan as novas que logo serán emitidas: a redacción, as cabinas de control de son, a sala de conexión e o estudio de radio. 

Os xornalistas aprendéronlles técnicas de respiración para facer un bo uso da súa voz e como colocarse correctamente diante do micrófono. Gravaron cuñas publicitarias que resultaron moi divertidas. Cando comezou o programa en directo "Hoy por hoy Pontevedra" o alumnado que quixo participou lendo os teléfonos  para chamar e facendo preguntas na entrevista do doutor Pedro Cabrera. Gozaron moito e quedaron con moi bo sabor de boca.

A quen lle interese escoitar a gravación  pode facelo entrando en Radio Pontevedra no podcast "Hoy por hoy Pontevedra".

Semella que en Marcón hai madeira de reporteiros!!!


              

                         



Grazas a Radio Pontevedra por recibirnos con tanto agarimo!














09/12/2025

Gravación para o RockLab



 Hoxe o alumnado de 3º, 4º e 6º de primaria estiveron gravando sons con instrumentos feitos por eles para despois convertilo nun instrumento virtual e participar no Salón do Libro.

O Rocklab é unha actividade promovida polo Concello para fomentar a creación musical enmarcada dentro da programación cultural do Salón do Libro.


       


       


    


        


            

UNHA ACTIVIDADE CHULÍSIMA!!!

Moitísimas grazas a Gonzalo e Alex de Estudo Bonobo por achegarse ata o noso colexio e facer que esta actividade fora posible.

 Quedamos espectantes ao Salón do Libro para ver os resultados!!!


03/12/2025

Obradoiro de "FLASH BALL"

 Esta semana, nenos e nenas de 6º de primaria impartiron un obradoiro de "Flash Ball" para o alumnado de primaria. O xogo consiste en que o balón toque un punto determinado . Xógase con varios balóns á vez.


                                            



   Un obradoiro no que o alumnado desfrutou moito. Grazas por compartir.                                                   


TODA PERSOA É MÚSICA: "Día das persoas con Discapacidade"

 Hoxe , 3 de decembro, é o Día das persoas con Discapacidade", proclamado pola ONU en 1992, co obxectivo de promover os dereitos e benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, e concienciar sobre a súa realidade e iclusión. Baixo o lema "Toda persoa é música" reivindicamos que cada individuo achega un son único , valioso e necesario. Porque cando respectamos e apoiamos a diversidade, a sociedade soa moito mellor.

Nestes códigos podedes escoitar a nosa playlist de inclusión:

A DIVERSIDADE É A MELLOR BANDA SONORA DA SOCIEDADE

02/12/2025

Novembro "Mes da ciencia": Curiosidades científicas!

No cole, novembro é un mes para investigar, preguntar e sorprendernos. É o "Mes  da ciencia!!

Este curso, grazas á nosa Radio Escolar, celebrámolo a través de podcast  científicos protagonizados polo noso alumnado. Nestes episodios descubrimos que a ciencia nace das preguntas máis sinxelas...e tamén das máis atrevidas.

 2º de primaria; "Curiosidades de animais"

4º de primaria: "Curiosidades de países"

6º de primaria: "Curiosidades musicales"

1º de primaria. "Curiosidades sobre o corpo humano"


Seguide moi atentos a esta entrada porque aínda haberá máis podcast!!!!!

A curiosidade é o motor da ciencia.

 Grazas a todos e todas polos fantásticos podcast!

01/12/2025

Concertos na Biblioteca!

Comenzamos unha nova actividade que iremos desenvolvendo ao longo do curso na biblioteca : "Concertos na biblioteca".Unha actividade na que o noso alumnado poderá desfrutar de música interpretada por nenos e nenas do colexio.

Nesta ocasión, foron Beltrán  de 4º de primaria quen interpretou co teclado dúas breves pezas e Nadia, Micaela (5º de primaria) e Emma (6º de primaria) que tocaron o violín. primeiro individualmente e despois a tres voces.


  

                                                                                        
    



MOITÍSIMAS GRAZAS, UN PRACER ESCOITARVOS!!!

“La extraña visita”

O alumnado de  3º de primaria  convertirse en narrador para compartir cos nenos e nenas de infantil un conto terriblemente divertido:  “La e...