Chega o verán, as vacacións e con elas as recomendacións de lectura !!!
O Equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega pretende, a través deste blog, facervos chegar algunhas das cousiñas que facemos no noso centro. Agardamos que sexa do voso agrado e que nos permita estar un pouquiño máis preto de todos vós.
20/06/2025
GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA
Hoxe os protagonistas foron eles, os nenos e nenas de 6º de primaria celebraron a súa festa!!
Nun acto con actuacións musicais, escenas de películas e entrega de Premios, familias e alumnado gozamos e emocionámonos con eles.
Unha graduación chea de e agasallos onde o cariño estivo moi presente, onde a ANPA quixo tamén agradecer á súa presidenta a dedecación incansable de todos estes anos .
Desde aquí queremos felicitarvos e desexarvos todo o mellor para a nova andaina que emprendedes.
19/06/2025
Agasallos aos padriños e madriñas lectoras
Partido mestras e alumnado de 6º
A modo de despedida, hoxe no recreo, os nenos e nenas de 6º de primaria desputaron un partido de brilé contra as mestras do colexio, a pesar das gañas que todas lle puxemos, folga dicir quen gañou. Parabéns!!
Excursións fin de curso de 1º,2º ,3º de Primaria e Infantil
O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria gozou dunha camiñata ata o monte San Cibrán. Foi unha xornada onde os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer a nosa contorna natural.
Ao chegar, organizáronse diversos xogos e actividades lúdicas que fomentaron a convivencia ,a cooperación e o respecto pola natureza. Despois de tanto movemento, tocou repoñer forazascunha deliciosa merendola compaertida entre risas e boa compañía.
Con moita enerxía e ledicia, emprenderon de novo o camiño de volta ao cole.
POLA SENDA DO LÉREZ
O alumnado de 1º e 2º de primaria realizou unha saída pola senda do Lérez, desde Bora ata a praia fluvial. Durante a percorrido, obser...
-
Queridas familias: Queremos dedicar esta entrada a darvos as GRAZAS pola vosa implicación, entusiasmo e colaboración no MARCONVISIÓN. O alum...
-
Voltamos das vacacións e continuamos co Entroido e os mandados. Hoxe, xoves 19 de febreiro, vestímonos de cantantes famosos, rockeiros, r...
-
Chegou o outono...e con el, unha das celebracións máis esperadas polo noso alumnado: o Samaín!! No CEIP de Marcón enchemos os corredores d...















.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)