Dendo centro educativo animámosvos a participar no 5º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.
Ponte…nas ondas! promove a recuperación e posta en valor das fotografías para que poidan ser usadas no ámbito escolar, pola carga didáctica que atesouran, e para seren coñecidas polo público en xeral e contribuír así ao paso do ámbito analóxico ao entorno dixital.
Nesta edición, como novidade,inclúese unha categoría de PODCASTs relacionados coas imaxes do patrimonio.
Podedes ler as basen en:
http://escolasnasondas.com/5o-certame-de-recolla-das-imaxes-e-podcasts-do-patrimonio-inmaterial-galego-portugues/ ou simplemente entregarno no centro educativo a imaxe correspondente coa súa explicación.
O prazo para participardes remata o 17 de xuño.
http://escolasnasondas.com/wp-content/uploads/2022/01/dipticoA5-certame2022_GAL.pdf
O Certame terá dúas categorías:
• Na primeira poderá participar o
alumnado de Infantil e Primaria.
• Na segunda poderá participar alumnado
de Secundaria, Bacharelato e Ciclos
Formativos do sistema educativo
galego.
2. As fotografías deberán conter imaxes
de calquera aspecto relacionado co
Patrimonio Cultural Inmaterial e estar
tomadas en datas anteriores a 1970.
3. Presentaranse dixitalizadas, coa maior
resolución posible, en formato jpg ou
png.
4. Cada imaxe acompañarase dun texto
libre, onde se poderán detallar os
datos básicos da foto, onde está
tomada, quen aparecen nela, data
aproximada na que foi feita e unha
explicación do que se ve, relatando a
relación desa imaxe co Patrimonio
Cultural. O texto debe enviarse por
separado en formato Word, OpenOf-
ce ou na propia mensaxe de correo
electrónico. Terá unha extensión
máxima de 150 palabras.
5. Cada participante só poderá achegar
fotografías que sexan propiedade da
súa familia sendo motivo de exclusión
do certame a presentación de imaxes
de fóra dese ámbito.
6. Cada centro educativo poderá participar coa cantidade de fotografías que
desexe.