Dendo centro educativo animámosvos a participar no 5º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.
Ponte…nas ondas! promove a recuperación e posta en valor das fotografías para que poidan ser usadas no ámbito escolar, pola carga didáctica que atesouran, e para seren coñecidas polo público en xeral e contribuír así ao paso do ámbito analóxico ao entorno dixital.
Nesta edición, como novidade,inclúese unha categoría de PODCASTs relacionados coas imaxes do patrimonio.
Podedes ler as basen en:
http://escolasnasondas.com/ou simplemente entregarno no centro educativo a imaxe correspondente coa súa explicación.
O prazo para participardes remata o 17 de xuño.
http://escolasnasondas.com/wp-content/uploads/2022/01/dipticoA5-certame2022_GAL.pdf
O Certame terá dúas categorías:
• Na primeira poderá participar o alumnado de Infantil e Primaria.
• Na segunda poderá participar alumnado de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos do sistema educativo galego.
2. As fotografías deberán conter imaxes de calquera aspecto relacionado co Patrimonio Cultural Inmaterial e estar tomadas en datas anteriores a 1970.
3. Presentaranse dixitalizadas, coa maior resolución posible, en formato jpg ou png.
4. Cada imaxe acompañarase dun texto libre, onde se poderán detallar os datos básicos da foto, onde está tomada, quen aparecen nela, data aproximada na que foi feita e unha explicación do que se ve, relatando a relación desa imaxe co Patrimonio Cultural. O texto debe enviarse por separado en formato Word, OpenOf- ce ou na propia mensaxe de correo electrónico. Terá unha extensión máxima de 150 palabras.
5. Cada participante só poderá achegar fotografías que sexan propiedade da súa familia sendo motivo de exclusión do certame a presentación de imaxes de fóra dese ámbito.
6. Cada centro educativo poderá participar coa cantidade de fotografías que desexe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario