10/01/2026

" Se nos dan licencia os reises cantamos..."

 A agrupación "Os Chichisos", da que forman parte un grupo de alumnos/as e ex- alumnos  do noso colexio, un ano máis, percorreron as prazas de Pontevedra seguindo a tradición dos Cantos de Reis.

Deixámosvos o video que poidemos ver na TVG e a noticia no Diario de Pontevedra

Diario de Pontevedra

 


Parabéns aos Chichisos por manter viva tan fermosa tradición !!


08/01/2026

Calendario 2026!!

 Despois das vacacións de Nadal, retomamos o curso co calendario 2026 onde a música é o fío conductor para cada mes do ano.






Un calendario que o alumnado voluntario da biblioteca se encargou de repartir, polas aulas, como agasallo para todas as familias do colexio. 

Parabéns, polo fantástico traballo colaborativo, a todo o profesorado e alumnado!!

Que este novo ano que comeza veña con moita música,  e alegría para todos e todas!!!




19/12/2025

Festa de Nadal 2025

Hoxe celebramos a Festa de Nadal , unha xornada chea de ilusión, música e  tradición.

A  celebración comezou coas badaladas, que marcaron simbólicamente a chegada do Nadal. Cos vasos de gusanitos, alumnado e profesorado participamos con entusiasmo, dese momento tan esperado. Despois  chegou o momento máis saboroso da mañá: a merenda  de Nadal que todos e todas desfrutamos e compartimos no patio, nun día que o tempo nos acompañou cun sol espléndido.

A continuación , no ximnasio, recibimos con entusiasmo a visita dos Reis Magos, que nos acompañaron no concerto de panxoliñas que todo o alumnado cantou con verdadeiro entusiasmo e ledicia.

Finalmente, un por un fomos saudando ás súas Maxestades, e deixando as  cartas  no buzón coas nosas peticións. Os Reis Magos obsequiaron  a todo o alumnado cun agasallo.










Grazas a todo o alumnado, profesorado, familias  e ANPA por facer posible un día tan especial e fermoso.

BO NADAL E FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!!!




18/12/2025

Tempo de Nadal

 Achégase o Nadal e o colexio engalánase para celebralo. Mírade que fermoso loce: Ríos con mensaxes para o novo ano, luces que nos alumean, elfos que fan trasnadas, o Belén na entrada, a árbore de Nadal con cancións favoritas... e o cartaz da nosa FESTA !!!


                
         





            

Só quedan unhas horas para o gran día !!!

15/12/2025

Recomendacións lectoras para o Nadal !!

 Neste Nadal, un libro é a mellor melodía !!!

LER É POÑERLLE MÚSICA Á IMAXINACIÓN!

Cantamos panxoliñas

O Nadal soa a música!!! 

 Cantando xuntos celebramos a tradición, a festa e a ilusión destes días tan especiais. 

Deixámosvos estas dúas panxoliñas que imos cantar na festa do colexio para que as cantedes con moita alegría e compartades cos vosos familiares.



Anímate e canta moito por Nadal !!!


Somos noticia con Voz Natura

 O CEIP de Marcón entre os centros destacados polo seu traballo e implicación no Programa Voz Narura.

Deixamos o enlace á noticia , fai click na imaxe: 







                           PARABÉNS!!!!




Cantigas no peto: Da mesma raíz

  O vindeiro xoves , día 3 de  decembro, queremos celebrar o "Día das persoas con dicapacidade" cunha "cantiga no peto"...