Hoxe, 2 de abril, "Día Internacional dollibro Infantil e Xuvenil"en homenaxe a Hans Christian Andersen, nada mellor que celebralo no Salón do Libro de Pontevedra, este ano adicado á septima arte: o cine.
Os nenos e nenas de 2º e 3º de primaria asistiron á obra de teatro "A libraría máxica", 4º e 5º fixeron un obradoiro de poesía "Cinepoemas" con Tamara Andrés e 6º de primaria charlaron cos traductores xavier Senín e Isabel Soto sobre a traducción.
Todos fixemos un percorrido polo Salón, onde nos foron contando de maneira moi breve os inicios do cine e a relación entre a literatura e o cine. Descubrimos tamén que este ano o país convidado é Francia e que grazas aos traductores podemos ler obras como Asterix ao galego. Ademais de tranformarnos en piratas e ver un breve espectáculo de cine mudo.
Onte o alumnado de Infantil e 1º de primaria tamén poideron gozar da visita ao Salón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario