especial que levamos meses agardando.
Xosé Antonio Touriñán, monologuista e actor galego, visitou o colexio de Marcón para inaugurar a radio escolar cunha entrevista realizada polo alumnado de 6º de educación Primaria sobre a curtametraxe "Nena", dirixida e protagonizada por el e pola súa filla, Antía Touriñán.
Antes de procedermos á realización da entrevista, o actor realizou actividades con todos os alumnos/as do centro dende os máis cativos. Foi emocionante!!
Co alumnado de infantil ,1º e 2º de primaria, Touriñan percorreu a súa vida e a súa traxectoria profesional da man dunha presentación de imaxes e vídeos que o profesorado preparara para a ocasión.
O alumnado de 3º e 4º de primaria descubriu por fin cal era o actor misterioso que levaba todo o curso enviándolle misivas para traballar os distintos contidos do curso relacionados co cine. Ademais, Ricardo (alumno de 4º) agasallouno cun monólogo escrito por el sobre as avoas.
O alumnado de 5º e 6º puido ter unha entrevista persoal con el e despois realizar a entrevista inaugural da radio. O actor firmou autógrafos a todos os nenos e nenas antes de marchar.
Podes ver e escoitar a entrevista neste enlace Entrevista a Touriñán
O alumnado de 5º e 6º de primaria decoraron a estancia con diversos traballos feitos por eles nas aulas. Deixámosvos algunhas mostras.
Foi unha xornada moi gratificante e enriquecedora para o alumnado e profesorado.
Queremos manifestarlle as nosas máis sinceras grazas a Touriñán pola súa amabilidade, cariño e simpatía, nunha xornada tan importante para o noso centro.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario