08/04/2025

Contacontos na gardería "A Galiña Azul"

Hoxe, un grupiño de Voluntarias da Biblioteca, achegáronse ata a gardería "A galiña azul" para contarlle aos pequenos e pequenas "O monstro de cores".

De maneira dramatizada e acompañadas con música de películas expresaron as emocións do conto. Sentímonos moi felices de poder compartir esta actividade que tanto nos gusta. 






Queremos agradecer, moi especialmente, ás familias que se ofreceron para desprazarnos ata o lugar e a todo o persoal da gardería polo magnífico acollemento da actividade.

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Club de lectura de adultos

  O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS”. É unha oportunidade para crear momentos especiai...