Hoxe, a modo de despedida do trimestre, inauguramos a actividade "Cantigas no peto", unha actividade que iremos repetindo ao longo do seguinte trimestre cada catro semanas, que consiste en cantar, alumnado e profesorado, unha cantiga tradicional no patio aos familiares que poidan achegarse ao colexio.
A canción escollida para empezar foi "Heiche de contar un conto" incluida no libro- disco "Xiqui, xoque, fiu fiu" de María FumaÇa.
O Equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega pretende, a través deste blog, facervos chegar algunhas das cousiñas que facemos no noso centro. Agardamos que sexa do voso agrado e que nos permita estar un pouquiño máis preto de todos vós.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Obradoiros nos recreos
U nha vez máis o alumnado, voluntariado da biblioteca, de 6º de primaria realizaron un obradoio para os máis pequenos sobre papiroflexia e ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario