Os nenos e nenas de 4º de primaria inventaron un himno para a súa clase e quixeron gravalo na radio. Aquí vos deixamos o resultado:
O Equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega pretende, a través deste blog, facervos chegar algunhas das cousiñas que facemos no noso centro. Agardamos que sexa do voso agrado e que nos permita estar un pouquiño máis preto de todos vós.
19/06/2025
18/06/2025
PICADURA MORTAL!
Os nenos e nenas de 5º de primaria remataron o proxecto "Luces, cámara, diversión" coa obra de teatro "Picadura mortal", Unha comedia, na que un grupo de actores-de "pacotilla"- están rodando unha escena dunha película, coa que todos e todas poidemos botar unhas risas.
Na biblioteca, en dúas sesións, unha para o colexio e outra paraos familiares, demostraron que son uns verdadeiros actores.
A ritmo de vals e máis!
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Infantil despiden a clase de música a ritmo de vals no patio da biblioteca.
PARABÉNS, AGORA A GOAZAR DO VERÁN!!!
17/06/2025
E TI, CANTO SABES DOS TEUS AVÓS E AVOAS?
O alumnado de 3º de primaria de proxecto competencial desenvolveron un proxecto sobre os avós e avoas. E este pasado venres quixeron facerlle unha entrevista na radio. Aquí vos deixamos o resultado:
16/06/2025
Cantigas no peto: "o canciño"
Hoxe despedimos a actividade de "Cantigas no peto" cantando e bailando no patio do colexio, ante a mirada das familias que poideron achegarse, a canción de Uxía Lambona e a Banda Molona: "O canciño". Pasámolo moi ben!!
"Pepito Juanito" o espantallo do cole!
Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Infantil, en colaboración coa empresa feito do Concello construiron un espantallo para o horto do colexio.
Utilizaron palla, unha camisa, un pantalón con tirantes e un sombreiro de palla ao que lle puxeron un muíño de vento. Polo corpo ten pegados insectos que a rapazada estivo estudando neste trimestre.
OLLADE QUE FERMOSO LUCE!!
BENVIDO PEPITO!!
14/06/2025
HISTORIAS DE CINE
Cantigas no peto: Da mesma raíz
O vindeiro xoves , día 3 de decembro, queremos celebrar o "Día das persoas con dicapacidade" cunha "cantiga no peto"...
-
O vindeiro venres 15 de maio convidamos a toda a comunidade escolar (alumnado, nais, pais, avós e avoas, tíos, tías, exalumnos/as...) a...
-
Queridas familias: Queremos dedicar esta entrada a darvos as GRAZAS pola vosa implicación, entusiasmo e colaboración no MARCONVISIÓN. O alum...
-
Ao longo desta última semana de xaneiro desenvolveremos diferentes actividades relacionadas coa paz; murais, paz tituras, cancións, danzas...


