09/05/2025

Saída ao Campus Lagoas-Marcosende

 Onte, 8 de maio, o alumnado de 6º de primaria do noso colexio en compañía do alumnado de 6º de primaria de Cabanas (Salcedo) visitaron o Campus de Lagoas-Marcosende para coñecer diferentes especies autóctonas do bosque atlántico. 

Durante a visita coñeceron como é o noso ecosistema e as especies de árbores que o conforman, así como a posta en valor de coidar a natureza e a nosa paisaxe.

Esta actividade enmárcase no Programa Bosque Atlántico dentro do  Proxecto Voz Natura.





     UNHA SAÍDA ENRIQUECEDORA!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

POLA SENDA DO LÉREZ

      O alumnado de 1º e 2º de primaria realizou unha saída pola senda do Lérez, desde Bora ata a praia fluvial. Durante a percorrido, obser...