05/05/2025

Cantamos "O Maio"

 Como xa ven sendo tradicional, o noso colexio participou na Festa dos Maios, que se celebra o día 1º de maio, na praza da  Ferrería de Pontevedra.  "Pontevedra está de cine, queremos debutar nel, con esta festa dos maios, sairemos no cartel".

Organizada pola ANPA do colexio, esta celebración conta cunha gran  participación. Este ano, o Maio de Marcón acadou dous segundos premios nas categorías de Coroa e  Maio e un cuarto na categoría de Cantigas.




No colexio tamén o celebramos  arredor do Maio que a ANPA nos cede para poder realizar  esta actividade que tanto nos gusta.  

                    



Desde aquí queremos dar as gracias a ANPA e a todas as persoas que fan que esta actividade se continúe realizando ano tras ano. Tamén as nosas felicitacións polo fabuloso traballo e os Premios acadados. Un verdadeiro orgullo!!

 PARABÉNS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Club de lectura de adultos

  O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS”. É unha oportunidade para crear momentos especiai...