Este venres, os nenos e nenas de 4º de primaria sairon ata o monte de A Fracha para buscar plantas osixenantes para o estanque do colexio. Para esta saída contaron coa colaboración de integrantes da Asociación A senda do moucho como guías forestais.
Esta actividade enmárcase dentro do proxecto que leva a cabo o centro "Marcón medra Con-ciencia" do programa Voz Natura.
Xa no cole, os nenos e nenas depositaron no estanque as plantas e os tritóns que atoparon polo monte.
Deixámosvos o enlace da noticia na prensa :
UNHA EXPERIENCIA, SEN DÚBIDA , INESQUECIBLE !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario