30/04/2025

As familias contan 4

Despedimos abril e a actividade "As familias contan" con "ELMER", un conto sobre a diversidade que contou a 6º de Infantil Luisa, a nai de Carla, cun teatro de sombras feito por ela mesma e a súa filla.

Ao remate, Luisa agasalloulle a todos os nenos e nenas un debuxo de Elmer para que todos fixeran un monicreque do elefante.

                         



                                          Rematamos coa canción sobre o conto cantado 


MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR!!

Lecturas compartidas

Continuamos coa actividade de Lecturas compartidas. Unha actividade coa que todos e todas gozamos moitísimo.





29/04/2025

Saída ao Ceip de Cabanas

 Onte, 28 de abril, un grupiño de Voluntarias da biblioteca achegáronse ata o colexio de Cabanas (Salcedo) para agasallar ao alumnado de infantil , 1º e 2º de primaria coa dramatización do conto "O monstro de cores".


                                            Unha actuación FANTÁSTICA!!

Queremos dar as grazas ao colexio de Cabanas por recibirnos e aos pais que voluntariamente se ofreceron a levarnos ata Salcedo. Moitísimas grazas!!!

26/04/2025

Touriñán visita o noso colexio e inaugura a radio!

 Onte, 25 de abril de 2025, inauguramos a  radio escolar cunha visita moi
especial que levamos meses agardando.

Xosé Antonio Touriñán, monologuista e actor galego, visitou o colexio de Marcón para inaugurar a radio escolar cunha entrevista realizada polo alumnado de 6º de educación Primaria sobre a curtametraxe "Nena", dirixida e protagonizada por el e pola súa filla, Antía Touriñán.
Antes de procedermos á realización da entrevista, o actor realizou actividades con todos os alumnos/as do centro dende os máis cativos. Foi emocionante!!

Co alumnado de infantil ,1º e 2º de primaria, Touriñan percorreu a súa vida e a súa traxectoria profesional da man dunha presentación de imaxes e vídeos que o profesorado preparara para a ocasión.






O alumnado de 3º e 4º de primaria descubriu por fin cal era o actor misterioso que levaba todo o curso enviándolle misivas para traballar os distintos contidos do curso relacionados co cine. Ademais, Ricardo (alumno de 4º) agasallouno cun monólogo escrito por el sobre as avoas.




O alumnado de 5º e 6º puido ter unha entrevista persoal con el e despois realizar a entrevista inaugural da radio. O actor firmou autógrafos a todos os nenos e nenas antes de marchar.






      



   Podes ver e escoitar a entrevista neste enlace  Entrevista a Touriñán               

 O alumnado de 5º e 6º de primaria decoraron a estancia con diversos traballos feitos por eles nas aulas. Deixámosvos algunhas mostras.






Foi unha xornada moi gratificante e enriquecedora para o alumnado e profesorado.
Queremos manifestarlle as nosas máis sinceras grazas a Touriñán pola súa amabilidade, cariño e simpatía, nunha xornada tan importante para o noso centro. 
 
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

24/04/2025

"Día do Libro"

 Celebramos o "Día do libro" con diversas actividades:

- Lecturas compartidas: Cada padriño-madriña lléulle ao seu afillado/a un conto na Hora de Ler. O sol acompañounos nesta xornada festiva e todos os nenos e nenas buscaron a sombra polo patio.



















- Murais e recunchos con lecturas: Nos corredores do colexio montamos murais con entradas de cine onde escribiron o título dun libro que lle gusta, o seu autor/a e a editorial.

    


- Contacontos : Un grupo de Voluntarias da biblioteca dramatizaron o conto "O monstro de cores"   onde cada emoción se expresa con música de cine.

No recuncho verde da biblioteca, en dúas sesións, unha para infantil, 1º e 2º de primaria e outra para 3º,4º,5º e 6º. Encantounos!!!




Deixámosvos un anaco da representacion en vídeo.

  Moitísimas grazas a todos e todas por participar e gozar dos libros.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

22/04/2025

As familias contan 3

Voltamos das vacacións e retomamos a actividade "As familias contan", nesta ocasión foi Natalia, nai de Maia e Xulia, quen se achegou a contar un fermosísimo conto "La sinfonía de los animales".

Un libro que trata de temas como o respecto, a paciencia, a confianza nun mesmo e o valor da amizade. Cada páxina é unha nova mensaxe positiva con pistas e acertixos que debemos resolver.Ademais dispón dunha aplicación móbil que se pode descargar para escoitar as melodías que acompañan a cada historia.







 MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR, ENCANTOUNOS!!

11/04/2025

"CANTIGAS NO PETO"

Hoxe, a modo de despedida do trimestre, inauguramos a actividade "Cantigas no peto", unha actividade que iremos repetindo ao longo do seguinte trimestre cada catro semanas, que consiste en cantar, alumnado e profesorado, unha cantiga tradicional no patio aos familiares que poidan achegarse ao colexio.
A canción escollida para empezar foi "Heiche de contar un conto" incluida no libro- disco "Xiqui, xoque, fiu fiu" de María FumaÇa.



Nesta ocasión cada neno/a estivo acompañado polo seu padriño/madriña lectora para cantar e bailar a cantiga.



Boas vacacións!!


O ESTANQUE DO PATIO

Grazas ao alumnado de infantil, primaria e familiares, que traballaron arreo, temos no patio do colexio un estanque!!

Agora queda esperar a que o alumnado de 4º de primaria vaian  polas prantas osixenantes coa Asociación "A senda do moucho".

 O seguinte será encher a charca con tritóns, rás e algunha carpa.

Ollade que bonito quedou!!!








Como traballo previo, nas aulas investigamos sobre prantas e animais que poden vivir nun estanque. Deixámosvos unhas mostras:







Estamos desexando velo cheo de animais e prantas!!!

GRAZAS POR PARTICIPAR NESTE FERMOSO PROXECTO!

Club de lectura de adultos

  O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS”. É unha oportunidade para crear momentos especiai...