Máis "Con-Ciencia".
O xoves, tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca á avoa de Luca, de 3º de primaria, e poder descubrir o ADN dun plátano. Unha experiencia moi interesante, na que aprendimos moito!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR !!!
O Equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega pretende, a través deste blog, facervos chegar algunhas das cousiñas que facemos no noso centro. Agardamos que sexa do voso agrado e que nos permita estar un pouquiño máis preto de todos vós.
Máis "Con-Ciencia".
O xoves, tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca á avoa de Luca, de 3º de primaria, e poder descubrir o ADN dun plátano. Unha experiencia moi interesante, na que aprendimos moito!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR !!!
Tal como anunciamos, o alumnado de 6º de primaria (Voluntarios da Biblioteca) dramatizaron "Vivan as uñas de cores" para todos os nenos e nenas do cole.
Un conto escrito por Luis Amavisca , inspirado nunha historia real, e editado por Nubeocho que temos na nosa e biblioteca.
Un libro que aborda temas de diversidade, identidade e estereotipos de xénero. Cunha mensaxe de tolerancia e empatía .
O alumnado de 4º de primaria tivo a sorte de recibir a visita dun montañeiro que compartiu a súa sabedoría sobre a importancia das plantas osixenantes. Na charla descubriron que estas plantas son fundamentais para manter un ecosistema saudable, xa que axudan a purificar o osíxeno. Ademai,s explicoulles como se pode crear un estanque no colexio: os materiais necesarios, a elección das prantas adecuadas e a importancia de manter un equilibrio no ecosistema diste.
Unha experiencia moi enriquecedora que nos motiva a cuidar da nosa contorna e a valotar a natureza!!!
Hoxe, 25 de novembro, celebramos o "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller", unha xornada dedicada a facernos reflexionar sobre os distintos tipos de violencia que sofren miles de mulleres de todo o mundo. Para reflexionar sobre a igualdade e o repecto.
Durante toda a semana realizamos diferentes actividades para concienciarnos de que a violencia non é o camiño, da importancia do respecto a todas e todos, de aceptar a liberdade dos demais...
E, sobre todo, que nenas e nenos temos que facer o que máis nos gusta, que non hai xoguetes de mozos nin de mozas, que non hai deporte de homes nin de mulleres, que non hai cores de nenos e de nenas... que queremos un mundo en IGUALDADE !!
No corredor da bibliotecas hai unha mesa con bibliografía para lecturas nas diferentes aulas:
Visionamos as películas "Figuras ocultas"( 4º, 5º, 6º de primaria), "Zootrópolis" (1º,2º ,3º de primaria) e Infantil o conto "Artur e Clementina".
O outono xa chegou e aos nenos e nenas do cole de Marcón gústanos moito esta estación.
Ollade algunhas das actividades que fixemos :
Cada 20 de novembro celébrase o Día Universal dos nenos e nenas, unha data escollida pola Asemblea das Nacións Unidas por coincidir coa Declaración dos Dereitos dos Nenos (1959) e a Convención sobre os Dereitos dos nenos (1989). Deixámosvos unha canción, interpretada por varios artistas, que forma parte da banda sonora da película de animación "El extraordinario viaje de Lucius Dumb".
Hoxe os nenos e nenas de 5º de primaria estiveron traballando no horto da escola.
Limparon de herbas e prepararon o seu bancal e, axudaron a cavar o estanque que se vai facer no patio, dentro do proxecto de Voz Natura deste curso escolar.
GRAZAS POLO TRABALLO TAN BEN FEITO!
Estamos en tempada de teatro e, coma todos os anos o Concello organiza o ciclo "Luns do Principal" para centros escolares.
O pasado 21 de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria asistiron á obra "EN UN RINCÓN DEL MUNDO". Unha historia chea de emocións sobre a superación, a supervivencia, o compañerismo e a amizade.
O luns, 11 de novembro, foron os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria os que poideron gozar da obra "FULL HOUSE" . Un espectáculo que trata o tema da convivencia dende a diversidade de culturas e a necesidade de compartir.
Despois dunha ponte de descanso, voltamos ao cole cunha semana chea de actividades arredor do Samaín.
Obradoiros con luz negra, na hora de biblioteca, con todas as titorías. Deixamos algunhas mostras dos fantásticos murais que fixeron os nosos e nosas artistas:
Animacións terroríficas na Hora de Ler, na biblioteca, desenvolvidas polos Voluntarios Lectores e polas titorías de 1º e 2º de primaria:
-Conto "La casa encantada", un conto de Kazuno Kohara para ler na oscuridade (Grupo de Voluntarias Lectoras de 6º de primaria).
-Os nenos e nenas de 1º de primaria adaptaron o conto de "Corre, corre cabaciña" e contáronnolo cun teatro de sombras.
![]() |
As artistas de 6º de primaria! |
O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS”. É unha oportunidade para crear momentos especiai...