10/04/2025

LECTURAS COMPARTIDAS


 Onte retomamos unha actividade que vimos realizando todos os anos polo mes de abril e que nos encana "OS APADRIÑAMENTOS LECTORES", na que nenos e nenas de diferentes cursos comparten lecturas. Esta actividade levarémola a cabo todos os mércores, na Hora de Ler, dos meses de abril e maio.
















Vivan os libros! GRAZAS POR COMPARTIR!

08/04/2025

Contacontos na gardería "A Galiña Azul"

Hoxe, un grupiño de Voluntarias da Biblioteca, achegáronse ata a gardería "A galiña azul" para contarlle aos pequenos e pequenas "O monstro de cores".

De maneira dramatizada e acompañadas con música de películas expresaron as emocións do conto. Sentímonos moi felices de poder compartir esta actividade que tanto nos gusta. 






Queremos agradecer, moi especialmente, ás familias que se ofreceron para desprazarnos ata o lugar e a todo o persoal da gardería polo magnífico acollemento da actividade.

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

07/04/2025

As familias contan 2

 Hoxe os nenos e nenas de 4º de infantil gozaron coa presenza da nai de Vera que se achegou para contarlles, axudada pola súa filla,  "Corre, corre cabaciña" . Encantounos!!


           MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR!!!

03/04/2025

PLANTAMOS XIRASOIS

 O alumnado de 5º de infantil plantou xirasois. Unha actividade dentro do proxecto Voz natura que a todos e a todas lles encantou.

                Só hai que ver as súas caras de felicidade!

                        



 AGORA TOCA ESPERAR A QUE XERMINEN!!




PREMIOS DE FOTOGRAFÍA .QUE É PARA TI A IGUALDADE?

 Hoxe otorgamos os premios aos gañadores do concurso de fotografía Que é para ti a igualdade?



                                                  (As fotografías gañadoras)



Os gañadores cos diplomas acreditativos. Ademais, cada un recibiu un vale regalode 20 euros para gastar na librería Seijas.

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES E PARABÉNS AOS GAÑADORES!!


AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe os pais de Adriel, de 4º de Infantil, achegáronse ata o colexio para contarlle ao alumnado o conto "O ladrón de neve" .

Remataron a sesión falándolles das súas películas favoritas de cando eran pequenos.





  MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR!!

02/04/2025

Visita ao Salón do libro

Hoxe, 2 de abril, "Día Internacional dollibro Infantil e Xuvenil"en homenaxe a Hans Christian Andersen, nada mellor que celebralo no Salón do Libro de Pontevedra, este ano adicado á septima arte: o cine.

Os nenos e nenas de 2º e 3º de primaria asistiron á obra de teatro "A libraría máxica", 4º e 5º fixeron un obradoiro de poesía "Cinepoemas" con Tamara Andrés e 6º de primaria charlaron cos traductores xavier Senín e Isabel Soto sobre a traducción.

Todos fixemos un percorrido polo Salón, onde nos foron contando de maneira moi breve os inicios do cine e a relación entre a literatura e o cine. Descubrimos tamén que este ano o país convidado é Francia e que grazas aos traductores podemos ler obras como Asterix ao galego. Ademais de tranformarnos en piratas e ver un breve espectáculo de cine mudo.

 

   






Rematamos a visita merendando todos  na escalinata do Pazo da Cultura

Onte o alumnado de Infantil e 1º de primaria tamén poideron gozar da visita ao Salón.




O Salón estará aberto ata o día 6 de abril, animámosvos a gozar del!! 



Día de Rosalía

O 23 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" lembrando a figura de Rosalía de Castro , unha das voces máis importantes da nosa ...