Ao longo desta semana o "MECO" irá "dirixindo" as comandas para cada día da semana.
O Equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega pretende, a través deste blog, facervos chegar algunhas das cousiñas que facemos no noso centro. Agardamos que sexa do voso agrado e que nos permita estar un pouquiño máis preto de todos vós.
23/02/2025
ENTROIDO de CINE!!
Ao longo desta semana o "MECO" irá "dirixindo" as comandas para cada día da semana.
21/02/2025
"Día de Rosalía"
23 de febreiro: "Día de Rosalía De Castro" poeta de referencia da nosa literatura.
Celebramos esta data significativa con diversas actividades: recitado do poema "Has de cantar" por parte do alumnado, mural colectivo, música...
17/02/2025
Visita de David Amor!!!
Hoxe tivemos o pracer de ter entre nós ao actor galego David Amor.
No patio do colexio, o alumnado de 3º e 4º de primaria compartiron unha xornada extraordinaria con David Amor e Jacobo da Federación Galega de Ciclismo que colaboraron na gravación da curtametraxe sobre o acoso. Un proxecto co que esperamos fomentar a cultura ao respecto. Estamos verdadeiramente agradecidos por ter colaborado connosco nun tema tan importante. Seguiremos traballando xuntos para facer do noso entorno un lugar máis seguro e amable.
Ademais, queremos facer un agradecemento especial á Federación Galega de Ciclismo por organizar unha clase de de bicis con nós. Foi unha experiencia incrible, a vosa dedicación e paciencia non teñen igual, o noso alumnado quedou encantado. GRAZAS !!!
Na biblioteca, ao resto do alumnado, David falounos da súa traxectoria profesional como monologuista e actor (de cine ,televisión e teatro), e tamén da súa etapa como xogador de balonmán (no Teucro e na selección española).
Díxonos que a primeira vez que actuou en TV foi no programa de humor da TVG "O rei da comedia" e que o primeiro programa que fixo na TVE foi "El Club del chiste". Falounos tamén da súa participación en series como "Supermartes", "Gym Tony", "Tu cara me suena"...
Ao remate da charla, animounos a contar chistes. Houbo moitos voluntarios !!
14/02/2025
"QUÉRETE, namórate de TI !!!
Celebramos o 14 de febreiro cunha proposta para traballar a autoestima e o autoconcepto, fundamentais para un bo estado emocional, as relacións e o desenvolvemento persoal.
Unha actividade na que participou todo o alumnado e que está exposta na entrada do colexio.
12/02/2025
OBRADOIROS DE CINE!
Voltamos cos obradoiros de cine impartidos polo alumnado de primaria nos recreos, tódolos mércores e venres.
Hoxe na hora do recreo, na biblioteca, o alumnado de 5º de primaria realizou un obradoiro de papiroflexia con alumnado de primaria. Uns verdadeiros mestres, con moita paciencia e moi boa organización foron explicando aos máis pequenos como podía facer unhas espadas Ninja.Ollade que ben lle quedaron!!
11/02/2025
Obradoiros sobre o acoso e o abuso sexual.
Hoxe, na biblioteca, grazas á Fundación Amigos de Galicia, todo o alumnado do colexio realizou un obradoiro sobre o acoso (primaria) e o abuso sexual (infanti).
04/02/2025
"Día Escolar da Paz e Non Violencia"
O 30 de xaneiro celebramos o Día da Non Violencia e a Paz con diferentes actividades.
Deixámosvos o "Tele Marcón" protagonizado polos voluntarios e voluntarias da biblioteca:
“La extraña visita”
O alumnado de 3º de primaria convertirse en narrador para compartir cos nenos e nenas de infantil un conto terriblemente divertido: “La e...
-
O vindeiro venres 15 de maio convidamos a toda a comunidade escolar (alumnado, nais, pais, avós e avoas, tíos, tías, exalumnos/as...) a...
-
Queridas familias: Queremos dedicar esta entrada a darvos as GRAZAS pola vosa implicación, entusiasmo e colaboración no MARCONVISIÓN. O alum...
-
Voltamos das vacacións e continuamos co Entroido e os mandados. Hoxe, xoves 19 de febreiro, vestímonos de cantantes famosos, rockeiros, r...












.jpg)


