17/02/2025

Visita de David Amor!!!

Hoxe tivemos o pracer de ter entre nós ao  actor galego David Amor.

No patio do colexio, o alumnado de 3º e 4º de primaria  compartiron unha xornada extraordinaria con David Amor e Jacobo da Federación Galega de Ciclismo que colaboraron na gravación da curtametraxe sobre o acoso. Un proxecto co que esperamos fomentar a cultura ao respecto. Estamos verdadeiramente agradecidos por ter colaborado connosco nun tema tan importante. Seguiremos traballando xuntos para facer do noso entorno un lugar máis seguro e amable.

Ademais, queremos facer un agradecemento especial á Federación Galega de Ciclismo por organizar unha clase de de bicis con nós. Foi unha experiencia incrible, a vosa dedicación e paciencia non teñen igual, o noso alumnado quedou encantado. GRAZAS !!!

                       




Na biblioteca, ao resto do alumnado, David falounos da súa traxectoria profesional como monologuista e actor (de   cine ,televisión e teatro), e tamén da súa etapa como xogador de balonmán (no Teucro e na selección española).

Díxonos que a primeira vez que actuou en TV foi no programa de humor da TVG "O rei da comedia" e que o primeiro programa que fixo na TVE foi "El Club del chiste". Falounos tamén da súa participación en series como "Supermartes", "Gym Tony", "Tu cara me suena"...

Ao remate da charla, animounos a contar chistes. Houbo moitos voluntarios !!

                                                              
                 
                                                       
                                  
            
                        
     










Moitísimas grazas David, pola túa cercanía, amabilidade e simpatía.                          
Non te esqueceremos!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Club de lectura de adultos

  O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS”. É unha oportunidade para crear momentos especiai...