14/02/2025

"QUÉRETE, namórate de TI !!!

Celebramos o 14 de febreiro cunha proposta para traballar a autoestima e o autoconcepto,  fundamentais para un bo estado emocional, as relacións e o desenvolvemento persoal.

Unha actividade na que participou todo o alumnado e que está exposta  na entrada do colexio.

 Con moito AMOR, os nenos e nenas de 5º de Infantil agasalláronnos un anaquiño da canción "Eu teño alguén" de María FumaÇa.

 Recunchos nos corredores con recomendacións lectoras para estes días!!                                       

Por outra banda, os nenos e nenas de 5º de primaria comparten (en galego) con todos e todas nós, este fermosísimo álbum ilustrado que podemos atopar na biblioteca: "El abrigo de Jana".
Un conto que nos fai pensar neses momentos en que nos sentimos inseguros e non sabemos que facer para estar mellor con nós mesmos.
Ti tamén tes un abrigo como o de Jana? Eu, moitas veces, sí .

 
GRAZAS POR COMPARTIR!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Calendario 2026!!

  Despois das vacacións de Nadal, retomamos o curso co calendario 2026 onde a música é o fío conductor para cada mes do ano. Un calendario q...