Celebramos o "Día da Música" coa visita de Felipe e Juan, integrantes do grupo "Son das Tabernas" que encheron a biblioteca con ritmo, alegría e tradición.
Desde primeira hora da mañá, o alumnado estaba espectante, agardando a chegada dos músicos e poder escoitar música en directo e descubrir de preto instrumentos tradicionais que forman parte da nosa cultura.
Durante a actuación saxofón, acordeón, gaita, pandeireta e a voz de Felipe fixeron que todos os nenos e nenas se deixasen levar pola música e acompañasen cantando e bailando.
.
GRAZAS, a Felipe e Juan ("Son das Tabernas"), por agasallarnos parte do seu tempo e unha mañá inesquecible.






.jpg)






.jpg)
.jpg)
















