30/05/2025

CARREIRA SOLIDARIA

 Hoxe, o alumnado, profesorado e familias participaron na carreira solidaria a favor da infancia, na que colaboramos coa ONG "Save the Children". 

Moitísimas grazas a todos e todas as participantes e á vosa aportación solidaria.













POR UN MUNDO MELLOR!!


29/05/2025

PROXECTO "PÍO, PÍO, PIARÁ"

Na aula de 2º de primaria están a desenvolver o proxecto "Pío, pío ,piará". Coa incubadora que apodaron "galiña chocadora" conseguiron dar vida a uns ovos fecundados que o alumnado foi traendo.

Hoxe están moi ledos, xa que, despois de tódolos coidados e paciente dedicación naceron os seus  pitiños.


PARABÉNS!!



DESPEDIDA A JUDITH

 Hoxe, o alumnado de 4º,5º e 6º de primaria sorprenderon a Judith (axudante de conversa) cunha despedida con ovacións, agasallos, cancións e moito, moito cariño.



                                                                         MOITÍSIMAS GRAZAS POR ESTES MESES FANTÁSTICOS XUNTO A NÓS.

BOTARÉMOSTE  DE MENOS, MOITA SORTE!! 

26/05/2025

Contos pola igualdade

 Hoxe, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria gozaron dunha fantástica sesión de contacontos pola igualdade da man de Raquel Queizás.











GRAZAS RAQUEL, FOI UN PRACER VOLVER  ESCOITAR AS TÚAS HISTORIAS.

24/05/2025

Na procura de plantas osixenantes

 Este venres, os nenos e nenas de 4º de primaria sairon ata o monte de A Fracha para buscar plantas osixenantes para o estanque do colexio. Para esta saída contaron coa colaboración de integrantes da Asociación  A senda do moucho como guías forestais.

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto que leva a cabo o centro "Marcón medra Con-ciencia" do programa Voz Natura.

                 




Xa no cole, os nenos e nenas depositaron no estanque as plantas e os tritóns que atoparon polo monte.

                 

Deixámosvos o enlace da noticia  na prensa :

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2025/05/24/busqueda-plantas-oxigenantes-estanque-escolar-marcon/0003_202505P24C9991.htm 

UNHA EXPERIENCIA,  SEN DÚBIDA , INESQUECIBLE !!!

22/05/2025

Saída ao Instituto e a Abanca

 Hoxe, todo o alumnado de 6º de primaria achegáronse ata o IES Frey Martín Sarmiento, instituto no que estarán o próximo curso.


Por outra banda, os nenos e nenas de Infantil sairon ao Centro Social de Abanca para ver unha obra de monicreques "E entón, un xardín", unha comedia disparatada ao servizo da imaxinación para espertar valores como a empatía,a responsabilidade e o respecto.




  UNHA XORNADA FANTÁSTICA!!


Lecturas compartidas

Este mércores rematamos as xornadas de lecturas compartidas por todo o alumnado do colexio. Unha actividade que, sin dúbida, voltaremos a repetila o próximo curso.





Asimesmo , na biblioteca, os nenos e nenas de 6º de infantil tiveron unha sesión de contacontos da man da nai de Ian coa divertida historia do libro "La desastrosa aventura de una cáscara de plátano".



            Grazas por COMPARTIR!!!!

19/05/2025

LETRAS GALEGAS 2025

 "Sei cantar e sei bailar-e, sei tocar a pandeireta, o que se case conmigho, leva música completa"...

Celebramos as Letras Galegas cunha actividade conxunta no patio do colexio, na que todo o alumnado e profesorado cantamos e bailamos "A muiñeira da Portela".  

Ademais, ao longo deste mes de maio, nas distintas titorías, traballamos arredor das cantareiras. Polos corredores temos cartaces  explicativos e unha pequena mostra de instrumentos populares, así como de bibliografía.


 MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA AS NOSAS LETRAS!!

16/05/2025

POLOS CREATIVOS

 Este curso, o noso colexio foi dotado con: Impresora 3D, Kit de radio, Kit de construccións... para o desenvolvemento dos Polos creativos.

Os Polos creativos están organizados didácticamente para fomentar:

  • A creatividade a través da superación de retos.
  • A consecución de proxectos.
  • A resolución de problemas.
  • A realización de prototipos.
  • A construcción de resultados tanxibeis, ...
Parten dunha visión ampla integrando o coñecemento en retos tecnolóxicos e dixitais, desde a aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria, baseada en actividades de experimentación e investigación.

Deixámosvos algunha  mostra  deste traballo:




         

                   

          
Dado para o Plan lector, feito na impresora 3D:






        
 BO TRABALLO!!!


Club de lectura de adultos

  O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS”. É unha oportunidade para crear momentos especiai...