21/03/2025

"DÍA DA POESÍA"

 Hoxe, 21 de marzo, celebramos o "Día mundial da poesía" con diferentes actividades.

Na biblioteca, un grupo do Voluntariado lector de 6º de primaria dramatizaron o conto "Frederick", o rato poeta, para todo o alumnado do colexio. Un conto que nos encanta e que temos na nosa biblioteca.


Despois, os nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º de primaria viron uns fragmentos da película "El tigre y la nieve" onde o protagonista fala 
de que a poesía está en todas partes e da importancia das palabras.








Deixámosvos o vídeo:

Ademais, recunchos de poesía con lecturas e poemas para que todos e todas gocemos da poesía.

    FELIZ DÍA!!!!



1 comentario:

  1. o meu neno esta encantado con todo e cos de sexto que son moy aplicados coas obras e seguro que tamen nos estudios

    ResponderEliminar

Día de Rosalía

O 23 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" lembrando a figura de Rosalía de Castro , unha das voces máis importantes da nosa ...