29/03/2025

Cine Solidario

 O alumnado de 3º e 4º de primaria organizou unha actividade moi especial: un Cine Solidario para as familias!

Con moita ilusión, prepararon todo o necesario para que a xornada fose un éxito. Desde a creación das entradas, a selección da comida ata a presentación do evento, cada detalle foi coidado por eles.

Despois da curta proxectada "Snack attack", escollida por eles, organizaron mesas de debate para que as familias poidesen compartir as súas opinións e reflexionar sobre o visto.

E como sorpresa final, as mestras decidiron agasallar aos nenos e nenas cunha  proxección : a estrea da curta "A todo Gas", que gravaron no colexio con David Amor. Foi un momento máxico que quedará na memoria de todos e todas!

Agradecemos a todas as  persoas que participaron e colaboraron para que esta actividade fose posible.

Un día cheo de risas, aprendizaxes e moita solidariedade! 

 

                          

                                                                                                                                 

      

         



                  Deixámosvos a curta "A todo gas"


  
UNHA EXPERIENCIA  MOI ENRIQUECEDORA. GRAZAS !!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Club de lectura de adultos

  O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS”. É unha oportunidade para crear momentos especiai...