14/09/2025

Club de lectura de adultos

 O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS”.

É unha oportunidade para crear momentos especiais arredor da lectura, compartir tempo e opinións, todas as persoas da comunidade escolar estades convidadas a participar.


!

08/09/2025

MARCÓN: UN RÍO DE SONS

 Iniciamos un novo curso e con el un novo proxecto  "MARCÓN: UN RÍO DE SONS". 


Benvidos e benvidas a un novo curso escolar  cheo de ledicia, aprendizaxes e, como non, moita música.

QUE A MÚSICA VOS ACOMPAÑE!!!

20/06/2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Chega o verán, as vacacións e con elas as recomendacións de lectura !!!


LER FAINOS MELLORES!!!
 FELICES VACACIÓNS E  FELICES LECTURAS!!
 

GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA

Hoxe os protagonistas foron eles, os nenos e nenas de 6º de primaria celebraron a súa festa!!

Nun acto con actuacións musicais, escenas de películas e entrega de Premios, familias e alumnado gozamos e emocionámonos con eles.

 Unha graduación chea de  e agasallos onde o cariño estivo moi presente, onde a ANPA quixo tamén agradecer á súa presidenta a dedecación incansable de todos estes anos .

Desde aquí queremos felicitarvos e desexarvos todo o mellor para a nova andaina que emprendedes. 

                                     


 
                                                               












GRAZAS POR ESTES ANOS COMPARTIDOS,

 MOITA SORTE!!!

19/06/2025

Agasallos aos padriños e madriñas lectoras

 O alumnado de Infantil achegouse ata as aulas de primaria para agasallar aos seus "pariños/madriñas lectoras" que ao longo deste curso compartiron lecturas con eles.

Un detalle que os maiores agradeceron cun forte abrazo e aplauso!!

 


        


    



          


 

GÚSTANOS COMPARTIR, MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!!

Partido mestras e alumnado de 6º

 A modo de despedida, hoxe no recreo, os nenos e nenas de 6º de primaria desputaron un partido de brilé contra as mestras do colexio, a pesar das gañas que todas lle puxemos, folga dicir quen gañou. Parabéns!!




 TANTO PARTICIPANTES COMO PÚBLICO, PASÁMOLO MOI BEN!!!







Excursións fin de curso de 1º,2º ,3º de Primaria e Infantil

 O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria gozou dunha camiñata ata o monte San Cibrán. Foi unha xornada onde os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer a nosa contorna natural.

Ao chegar, organizáronse diversos xogos e actividades lúdicas que fomentaron a convivencia ,a cooperación e o respecto pola natureza. Despois de tanto movemento, tocou repoñer forazascunha deliciosa merendola compaertida entre risas e boa compañía.

Con moita enerxía e ledicia, emprenderon de novo o camiño de volta ao cole.





Por outra banda, os nenos e nenas de Infantil saíron ata a Eco Granxa Atalaia" de Cotobade, onde poideron tomar contacto coa natureza e o mundo rural:montaron a cabalo, déronlle pan ás galiñaas, ocas, pombas...viron coellos, ouvellas, vacas, cabras e ata un burriño fariñeiro. tamén desfrutaron con xogos variados con paracaídas, pinturas... Un día moi completo e divertido para todos e todas.



















                      

UN DÍA PARA LEMBRAR!!!

Club de lectura de adultos

  O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS”. É unha oportunidade para crear momentos especiai...