18/10/2024

RODAMOS!!

 Comezou un novo curso e con el unha nova "rodaxe". Baixo o título de "LUCES, CÁMARA, DIVERSIÓN" desenvolveremos un novo proxecto de centro ao longo de todo o ano. Un proxecto que pouco a pouco vai tomando forma.

Con entradas de cine e música da BSO de "Carros de fuego" a alfombra vermella recibiu a todo o alumnado e profesorado do cole.




 O colexio, pouco a pouco,  vaise vestindo de cine onde todos e todas somos os protagonistas.




 Os obradoiros dos mércores xa arrancaron.


 


 Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria crearon dúas curtametraxes sobre a igualdade, da man do Equipo técnico do FIC de Bueu. Unha actividade facilitada pola Anpa e que a todos e todas nos encanta!    
 




                            
          



Esperamos a súa estrea con moitísima espectación !!



                                  


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Calendario 2026!!

  Despois das vacacións de Nadal, retomamos o curso co calendario 2026 onde a música é o fío conductor para cada mes do ano. Un calendario q...