24/10/2024

"DÍA DAS BIBLIOTECAS"


Con moita ilusión e alegría abrimos a BIBLIOTECA do cole. Todos e todas agardabamos espectantes o día de hoxe! 
Por grupos, fomos entrando e alí estaba "Landriña" para agasallarnos cunha sorpresa tras outra. A primeira foi o videomontaxe cos nosos fotogramas, onde todos e todas somos protagonistas.

 Depois tivemos o privilexio, por xentileza da ANPA , de ser os primeiros en ver as dúas curtas que o alumnado de 5º e 6º realizaron no cole. Curtas que poñeremos neste blog cando se faga a estrea oficial, que terá lugar na Cultural de Marcón o 30 de Novembro.
E como remate da xornada, e non menos ilusionante, cada clase levou a súa MOCHILA VIAXEIRA, e o alumnado novo no centro o seu carné de usuario.
 

















 UNHA XORNADA FANTÁSTICA !!!

OS NOSOS AGRADECEMENTOS Á ANPA POR CEDERNOS AS CURTAS  E FELICITAR A TODO O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA POLO TRABALLO TAN BEN FEITO. 
   PARABÉNS!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Club de lectura de adultos

  O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS”. É unha oportunidade para crear momentos especiai...