24/10/2025

24 de OUTUBRO "DÍA DAS BIBLIOTECAS " E "CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO"

 Hoxe, 24 de outubro, celebramos o "Día das Bibliotecas" e o "Día Contra o cambio climático". 

A biblioteca é moito máis ca un sitio cheo de libros, é un lugar onde podemos aprender a coidar da Terra. O noso planeta está a pedir axuda e todos podemos facer algo para coidalo.Na biblioteca aprendemos a pensar, a compartir e a respectar o que temos, igual que debemos facer co planeta.

As bibliotecas son como bosques cheos de palabras: Cada libro é unha folla, cada historia é unha flor. Se as coidamos e lemos nelas, axudamos tamén a coidar o planeta.

Así que hoxe, celebramos os libros, a lectura…e o noso compromiso cun planeta máis limpo e cheo de vida cantando a canción "O veleiro verde" de María FumaÇa, en compañía de familiares que quixeron compartir  esta data con todos e todas nós.




        
           Grazas por compartir. Feliz Día das Bibliotecas!

Traballo colaborativo!

O alumnado de 6º de primaria, Voluntarios da Biblioteca, fixeron papiroflexía co alumnado de Infantil, realizaron un veleiro de papel para cantar e celebra o Día das bibliotecas e o Día Internacional contra o cambio climático.





   UNHA EXPERIENCIA MOI ENRIQUECEDORA, GRAZAS !!

21/10/2025

Ao son do trombón!!

 O pasado venres, o alumnado de Infantil puido gozar dun microconcerto de trombón grazas a Antón que se achegou ata o colexio para mostrarlle aos nenos e nenas , que esperaban entusiasmados a súa visita, como soa o trombón e como se toca.




  Grazas Antón por achegarte , foi un verdadeiro pracer!!


QUE A MÚSICA NON PARE!!!

17/10/2025

"O veleiro verde"

 Volven as "Cantigas no peto", nesta ocasión para unha dobre celebración: o "Día das Bibliotecas" e o "Día Internacional contra o cambio climático" que terá lugar o próximo venres día 24 de outubro, no patio do colexio, ás 14:10 horas.

Convidámosvos a todos e todas asistir e acompañarnos cantando a canción "O veleiro verde".

Aquí a deixamos para que a practiquedes cos vosos fillos, fillas, sobriños, netos...


                                              ESPERÁMOSVOS!!



12/10/2025

Marcón Jukebox!

 Xa temos na entrada do colexio, xunto á conxerxería a  "Marcón Jukebox", a nosa gramola particular, para que todos e todas fagamos as peticións musicais que queiramos  escoitar á saída do cole.


ANIMÁDEVOS E DEIXADE A VOSA PETICIÓN!!!




07/10/2025

"ARROLOS"

Os arrolos ou cantos de berce son cancións tradicionais que se cantan para adormecer a nenas e nenos pequenos. Adoitan ter unha melodía suave e repetitiva que as nais, pais, avós,  avoas ...cantan mentres abanean no berce ou teñen  no colo ao bebé. 


Desde o Equipo de Dinamización e de Biblioteca propoñemos, como actividade inicial arredor do PDI "Marcón: río de sons", que cada neno/a traia o seu arrolo para traballalo na aula e depois facer unha exposición con eles.

Deixamosvos un adianto con algún deles:


Estamos editando uns videos que proximamente engadiremos con todos os arrolos recollidos.                 
                                                    EN GALEGO:


PLURILINGÜES:


EN CASTELÁN




MOTÍSIMAS GRAZAS ÁS FAMILIAS E ALUMNADO QUE COLABORARON NESTE PROXECTO.

30/09/2025

"Río verde, río verde"

Onte, 29 de setembro, rematamos a xornada escolar cunha actividade musical na que todas e todos participamos.

En compañía de familiares, que poideron achegarse para celebrar con nós o "Día Mundial dos ríos", cantamos e bailamos no patio a danza "Río verde".  Foi un momento de unión e diversión no que todas e todos o pasamos moi ben.











MOITÍSIMAS GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS E POLA FANTÁSTICA PARTICIPACIÓN !!


“La extraña visita”

O alumnado de  3º de primaria  convertirse en narrador para compartir cos nenos e nenas de infantil un conto terriblemente divertido:  “La e...