26/11/2025

25N : " Eu teño alguén"

 Este martes, 25 de Novembro, enlazamos a celebración do "Día  Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" coa actividade "Cantigas no peto ", nesta ocasión, coa canción "Eu teño alguén" do grupo María FumaÇa.

 Alumnado, profesorado e familias xuntámonos no patio do colexio en un acto no que a música nos serviu para transmitir unha mensaxe moi importante: un mundo sen violencia é posible, e que cada un de nós pode formar parte dese cambio.





Nas titorías traballamos o consentimento e decoramos bolboretas que despois colgamos na entrada.


 Moitísimas grazas a todos e todas por formar parte deste camiño cara a un mundo sen violencia!!

21/11/2025

Que pasaría se non existise a música?

 O 22 de novembro, día de Santa Cecilia considerada a patroa dos músicos,  celébrase  o "Día da música". A propósito desta data, os nenos e nenas de 4º de primaria  gravaron un podcast coas súas reflexións sobre como sería o mundo sen música. 

E vós que pensades? 

Moitísimas grazas pola vosa aportación no "Día da Música".


19/11/2025

Robots en acción!!

Hoxe, mércores, alumnos de 5º de primaria impartiron un obradoiro de robótica, na hora do recreo, para os máis pequenos.

Un obradoiro que contou de moitos  participantes e que resultou de moito interese para o alumnado.

            

Agradecemos aos alumnos de 5º de primaria  a súa disposición e implicación neste obradoiro!!!

 

17/11/2025

"Eu teño alguén"

 Este 25N todo o alumnado e profesorado do colexio cantaremos a canción  "Eu teño alguén " do grupo María FumaÇa. 

Desde aquí animamos a toda a comunicade educativa a que se sume ao noso canto e participe connosco na actividade que terá lugar, no patio do colexio, o martes 25 de novembro ás 14:10H.

Deixamos o video coa canción e a letra para que a practiquedes na casa.


       Boa semana!

15/11/2025

Obradoiros no cole!

 Este mes, comenzamos a actividade "Obradoiros no cole".



Unha actividade organizada por diferentes grupos de alumnos e alumnas, para que todo o alumnado (que queira) poida desfrutar no tempo de recreo dos mércores. 

Este mércores arrancamos cun "Obradoiro de brilet", impartido por nenos e nenas de 6º de Primaria.


Grazas a todo o alumnado implicado!!!

Animádevos a participar! Haberá creatividade, diversión e un montón de ideas fantásticas para pasalo xenial. Só tedes que anotarvos no taboeiro da entrada!!

 




12/11/2025

Música e contos con Paco Nogueiras!

 Hoxe, grazas a editorial Kalandraka, gozamos na biblioteca dunha sesión de contacontos e música con Paco Nogueiras.

Para o público de Infantil, 1º e 2º de Primaria, Paco Nogueiras contou e cantou os contos da editorial Kalandarka: "Flores", "Grande e pequena", "Unha eiruga moi larpeira", "Non é unha caixa é unha cidade" e " A banda que ninguén coñece" . Rematou a actividade coa canción "Cos pés na terra".  do seu libro-disco "Brinca vai".




MOITÍSIMAS GRAZAS PACO, PASÁMOLO XENIAL !!!

07/11/2025

MOCHILAS VIAXEIRAS !!

 Hoxe poñemos en marcha unha das actividades máis agardadas polo alumnado: as mochilas viaxeiras!!

O equipo de Voluntario/as da Biblioteca foron os encargados de facer a súa entrega.








Ademais, un grupiño de Voluntarios e Voluntarias agasallaron aos nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria cunha sesión de contacontos en teatro de sombras de "A figueira de pelostortos" editado por OQO editora.

MOITÍSIMAS GRAZAS AO EQUIPO DE VOLUNTARIOS POLO FANTÁSTICO CONTO E A SÚA  COLABORACIÓN NA BIBLIOTECA

“La extraña visita”

O alumnado de  3º de primaria  convertirse en narrador para compartir cos nenos e nenas de infantil un conto terriblemente divertido:  “La e...