Os nenos e nenas de 5º e 6 º de primaria realizaron unhas curtas sobre igualdade, en colaboración coa ANPA e FICBUEU, que todas e todos podedes ver no Salón do libro.
Aquí os deixamos:
O Equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega pretende, a través deste blog, facervos chegar algunhas das cousiñas que facemos no noso centro. Agardamos que sexa do voso agrado e que nos permita estar un pouquiño máis preto de todos vós.
Os nenos e nenas de 5º e 6 º de primaria realizaron unhas curtas sobre igualdade, en colaboración coa ANPA e FICBUEU, que todas e todos podedes ver no Salón do libro.
Aquí os deixamos:
O alumnado de 3º e 4º de primaria organizou unha actividade moi especial: un Cine Solidario para as familias!
Con moita ilusión, prepararon todo o necesario para que a xornada fose un éxito. Desde a creación das entradas, a selección da comida ata a presentación do evento, cada detalle foi coidado por eles.
Despois da curta proxectada "Snack attack", escollida por eles, organizaron mesas de debate para que as familias poidesen compartir as súas opinións e reflexionar sobre o visto.
E como sorpresa final, as mestras decidiron agasallar aos nenos e nenas cunha proxección : a estrea da curta "A todo Gas", que gravaron no colexio con David Amor. Foi un momento máxico que quedará na memoria de todos e todas!
Agradecemos a todas as persoas que participaron e colaboraron para que esta actividade fose posible.
Un día cheo de risas, aprendizaxes e moita solidariedade!
Os nenos e nenas de 5º de primaria agasállannos un poema.
Hoxe o alumnado de 3º e 4º de primaria asistiron a unha charla sobre nutrición e deporte na biblioteca impartida pola S.D Teucro.
Nela destacouse a importancia para a saúde de alimentarnos ben e facer deporte.
O alumnado de 3º de primaria realizaron tres curtas en Proxecto Competencial sobre o problema da auga, a deforestación e o plástico.
Como hábitos sostibles traballaron: a importancia de non malgastar a auga, plantar unha árbore ou varias por aquelas que talamos e coidar os xoguetes para que poidan ser utilizados por outras persoas en lugar de tiralos.
Deixámosvos o seu traballo:
Unindo o 8M e o cine, ao longo deste mes de marzo propoñemos un concurso sobre "Mulleres de cine", mulleres que foron pioneiras e que son referentes na historia do cinema. A exposición está polos corredores ou tamén nuns libriños que están a disposición na biblioteca para poder investigar nas aulas.
Hoxe, 21 de marzo, celebramos o "Día mundial da poesía" con diferentes actividades.
Na biblioteca, un grupo do Voluntariado lector de 6º de primaria dramatizaron o conto "Frederick", o rato poeta, para todo o alumnado do colexio. Un conto que nos encanta e que temos na nosa biblioteca.
Despois, os nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º de primaria viron uns fragmentos da película "El tigre y la nieve" onde o protagonista fala
de que a poesía está en todas partes e da importancia das palabras.
Deixámosvos o vídeo:
Ademais, recunchos de poesía con lecturas e poemas para que todos e todas gocemos da poesía.
Este venres tivemos unha sorpresa na biblioteca, a visita de "ORBIL", mascota dado Salón do libro de Pontevedra que está a piques de comezar .
Hoxe, parte do alumnado de infantil e primaria, achegámomos ata o Pazo da Cultura para presenciar o concerto didáctico que nos ofreceu a Orquestra Sinfónica de Pontevedra.
Un concerto cheo de máxia inspirado na historia das irmás Touza. Tres irmás que, en tempos da Segunda Guerra Mundial, axudaron a moitas persoas xudías,perseguidas polos nazis, a escapar a Portugal desde Ribadavia.
Cada 8 de marzo conmemoramos o Día da muller , unha xornada para reivindicar a igualdade.
Visualizamos "Eu vou comigo", unha curtametraxe de Abano Producións SL dirixida por Chelo Loureiro, que busca que se traballe a autoestima e o autoconcepto positivo co alumnado de educación infantil e primaria. Foi seleccionada para a proxección en multitude de festivais de cine españois e estranxeiros e recibiu varios premios internacionais.
Podedes visionalo no seguinte enlace :
https://vimeo.com/1056085326?share=copy
Contrasinal: Igu4ldade.2025
"A IGUALDADE FAINOS MÁIS LIBRES"
Este venres, grazas á editorial Kalandraka, o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria gozaron dunha animada sesión de contacontos con Paco Nogueiras acompañada de música e moito ritmo.
Paco agasallounos cos contos : "Violín", "Polo mar salgado", "Cinco ratiños", "Tarde de sapo" , "Bim Bam Bum" e "Un, dous , tres que ves?".
O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS”. É unha oportunidade para crear momentos especiai...