26/02/2025

OBRADOIROS de CINE!!

 Hoxe  no recreo, os nenos e nenas de  de 5º de primaria foron os encargados de realizar un obradoiro de "PINTACARAS". Uns verdadeiros artistas!!


           


                       







        GRAZAS POR COMPARTIR!!!


23/02/2025

ENTROIDO de CINE!!



Ao longo desta semana  o "MECO" irá "dirixindo" as comandas para cada día da semana.
Préstade moita atención en non vos esquezades!!!





                                                          Boa semana !!

21/02/2025

"Día de Rosalía"


23 de febreiro: "Día de Rosalía De Castro" poeta de referencia da nosa literatura.

Celebramos esta data significativa con diversas actividades: recitado do poema "Has de cantar" por parte do alumnado, mural colectivo, música...

                 
                           

                               VIVA ROSALÍA!!!

17/02/2025

Visita de David Amor!!!

Hoxe tivemos o pracer de ter entre nós ao  actor galego David Amor.

No patio do colexio, o alumnado de 3º e 4º de primaria  compartiron unha xornada extraordinaria con David Amor e Jacobo da Federación Galega de Ciclismo que colaboraron na gravación da curtametraxe sobre o acoso. Un proxecto co que esperamos fomentar a cultura ao respecto. Estamos verdadeiramente agradecidos por ter colaborado connosco nun tema tan importante. Seguiremos traballando xuntos para facer do noso entorno un lugar máis seguro e amable.

Ademais, queremos facer un agradecemento especial á Federación Galega de Ciclismo por organizar unha clase de de bicis con nós. Foi unha experiencia incrible, a vosa dedicación e paciencia non teñen igual, o noso alumnado quedou encantado. GRAZAS !!!

                       




Na biblioteca, ao resto do alumnado, David falounos da súa traxectoria profesional como monologuista e actor (de   cine ,televisión e teatro), e tamén da súa etapa como xogador de balonmán (no Teucro e na selección española).

Díxonos que a primeira vez que actuou en TV foi no programa de humor da TVG "O rei da comedia" e que o primeiro programa que fixo na TVE foi "El Club del chiste". Falounos tamén da súa participación en series como "Supermartes", "Gym Tony", "Tu cara me suena"...

Ao remate da charla, animounos a contar chistes. Houbo moitos voluntarios !!

                                                              
                 
                                                       
                                  
            
                        
     










Moitísimas grazas David, pola túa cercanía, amabilidade e simpatía.                          
Non te esqueceremos!!








14/02/2025

"QUÉRETE, namórate de TI !!!

Celebramos o 14 de febreiro cunha proposta para traballar a autoestima e o autoconcepto,  fundamentais para un bo estado emocional, as relacións e o desenvolvemento persoal.

Unha actividade na que participou todo o alumnado e que está exposta  na entrada do colexio.

 Con moito AMOR, os nenos e nenas de 5º de Infantil agasalláronnos un anaquiño da canción "Eu teño alguén" de María FumaÇa.

 Recunchos nos corredores con recomendacións lectoras para estes días!!                                       

Por outra banda, os nenos e nenas de 5º de primaria comparten (en galego) con todos e todas nós, este fermosísimo álbum ilustrado que podemos atopar na biblioteca: "El abrigo de Jana".
Un conto que nos fai pensar neses momentos en que nos sentimos inseguros e non sabemos que facer para estar mellor con nós mesmos.
Ti tamén tes un abrigo como o de Jana? Eu, moitas veces, sí .

 
GRAZAS POR COMPARTIR!!!



12/02/2025

OBRADOIROS DE CINE!

Voltamos cos obradoiros de cine impartidos polo alumnado de primaria nos recreos, tódolos mércores e venres.

Hoxe na hora do recreo, na biblioteca, o alumnado de 5º de primaria realizou un obradoiro de papiroflexia con alumnado de primaria. Uns verdadeiros mestres, con moita paciencia e moi boa organización foron explicando aos máis pequenos como podía facer unhas espadas Ninja.Ollade que ben lle quedaron!!





                       PARABÉNS!!!

11/02/2025

Obradoiros sobre o acoso e o abuso sexual.

Hoxe, na biblioteca, grazas á  Fundación Amigos de Galicia,  todo o alumnado do colexio realizou un obradoiro sobre o acoso (primaria) e o abuso sexual (infanti).






                

               MOITÍSIMAS GRAZAS!!

04/02/2025

"Día Escolar da Paz e Non Violencia"

 O 30 de xaneiro celebramos o Día da Non Violencia e a Paz con diferentes actividades.


Deixámosvos o "Tele Marcón" protagonizado polos voluntarios e voluntarias da biblioteca:


       PARABÉNS !!!

Club de lectura de adultos

  O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS”. É unha oportunidade para crear momentos especiai...