O equipo de Voluntarios da Biblioteca foron polas titorías para presentarlle a todo o alumnado o Blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua galega que este curso volvemos a pór en marcha.
O Equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega pretende, a través deste blog, facervos chegar algunhas das cousiñas que facemos no noso centro. Agardamos que sexa do voso agrado e que nos permita estar un pouquiño máis preto de todos vós.
28/10/2024
24/10/2024
"DÍA DAS BIBLIOTECAS"
Con moita ilusión e alegría abrimos a BIBLIOTECA do cole. Todos e todas agardabamos espectantes o día de hoxe!
Por grupos, fomos entrando e alí estaba "Landriña" para agasallarnos cunha sorpresa tras outra. A primeira foi o videomontaxe cos nosos fotogramas, onde todos e todas somos protagonistas.
Depois tivemos o privilexio, por xentileza da ANPA , de ser os primeiros en ver as dúas curtas que o alumnado de 5º e 6º realizaron no cole. Curtas que poñeremos neste blog cando se faga a estrea oficial, que terá lugar na Cultural de Marcón o 30 de Novembro.
E como remate da xornada, e non menos ilusionante, cada clase levou a súa MOCHILA VIAXEIRA, e o alumnado novo no centro o seu carné de usuario.
UNHA XORNADA FANTÁSTICA !!!
OS NOSOS AGRADECEMENTOS Á ANPA POR CEDERNOS AS CURTAS E FELICITAR A TODO O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA POLO TRABALLO TAN BEN FEITO.
PARABÉNS!!!
18/10/2024
RODAMOS!!
Comezou un novo curso e con el unha nova "rodaxe". Baixo o título de "LUCES, CÁMARA, DIVERSIÓN" desenvolveremos un novo proxecto de centro ao longo de todo o ano. Un proxecto que pouco a pouco vai tomando forma.
Con entradas de cine e música da BSO de "Carros de fuego" a alfombra vermella recibiu a todo o alumnado e profesorado do cole.
O colexio, pouco a pouco, vaise vestindo de cine onde todos e todas somos os protagonistas.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
POLA SENDA DO LÉREZ
O alumnado de 1º e 2º de primaria realizou unha saída pola senda do Lérez, desde Bora ata a praia fluvial. Durante a percorrido, obser...
-
Queridas familias: Queremos dedicar esta entrada a darvos as GRAZAS pola vosa implicación, entusiasmo e colaboración no MARCONVISIÓN. O alum...
-
Voltamos das vacacións e continuamos co Entroido e os mandados. Hoxe, xoves 19 de febreiro, vestímonos de cantantes famosos, rockeiros, r...
-
Chegou o outono...e con el, unha das celebracións máis esperadas polo noso alumnado: o Samaín!! No CEIP de Marcón enchemos os corredores d...



.png)
















.jpg)


.jpg)

.jpg)




.jpg)