10/02/2023

CHEGOU O ENTROIDO!!!

SABES QUEN É O MECO?

 

Nenos e nenas de Marcón!

 

O Entroido está a chegar e as rúas encheranse de escenas lúdicas e espectáculos acompañados de música. Estes desfiles presídeos un boneco chamado “MECO”, que é queimado o mércores de cinza, sinalando así o fin do Entroido e o comezo da Cuaresma. Por qué cinzas? Converter ao Meco en cinzas recordaranos que a vida na terra é pasaxeira, que a vida definitiva se atopa con Deus no ceo.

 

Ao Meco, na zona de Marcón coñécese coma o "Entroido" e visitará o noso colexio, coma soe facer tódolos anos e virá cargado de mandatos a cumprir. Cada día diranos o que temos que traer vestido.

 Así que xa sabedes, estade moi atentos……

 

 

ESTA SEMANA O ENTROIDO MANDA!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Calendario 2026!!

  Despois das vacacións de Nadal, retomamos o curso co calendario 2026 onde a música é o fío conductor para cada mes do ano. Un calendario q...