16/03/2025

Visita de "ORBIL" ao colexio!!

 Este venres tivemos unha sorpresa na biblioteca, a visita de "ORBIL", mascota dado Salón do libro de Pontevedra que está a piques de comezar .

Todos os nenos e nenas o recibiron con gran alegría e cariño. ORBIL anímounos a todos e todas a visitar o Salón, que este ano está adicado ao CINEMA.






                         
























  GRAZAS ORBIL, GOZAMOS MOITO DA TÚA VISITA! 

13/03/2025

1º PREMIO ERNESTINA OTERO!!

Onte, 12 de marzo, o CEIP de Marcón recibiu o 1º Premio Ernestina Otero do Concello de Pontevedra.
Para a participación presentamos dúas curtas tituladas "O fútbol é para todos e todas" e "Catro lobos e unha ovella" realizados polo alumnado de 5º e 6º de primaria o curso pasado sobre igualdade e acoso escolar, coa colaboración da ANPA e do FICBUEU.
O acto tivo lugar no Teatro Principal da man da Concelleira de Igualdade, Anabel Gulías. Nel destacouse que o obxectivo do Concello coa celebración destes premios é "poñer en valor proxectos innovadores e relevantes na incorporación da perspectivade de xénero nos centros educativos non universitarios de Pontevedra".
Do noso proxecto destacaron"a alta colaboración coa ANPA e a difusión do proxecto na parroquia, así coma a posta en valor da riqueza da lingua oral con perspectiva de xénero na comunicación"




                           
https://www.pontevedraviva.com/gl/cultura/marcon-sagrado-corazon-praceres-luis-seoane-ganadores-ernestina-otero_504447_102.html


SENTÍMONOS MOI ORGULLOSOS E ORGULLOSAS DO VOSO TRABALLO!!                 PARABÉNS !!



 

12/03/2025

Concurso de Fotografía: Que é para ti a igualdade ?


Para festexar a concesión do 1º  premio Ernestina Otero, do Concello de Pontevedra, polo noso traballo a favor da igualdade entre homes e mulleres, propoñemos un concurso de fotografía.
Desde hoxe ata o 28 de marzo de 2025 todo o alumnado do centro poderá presentar dúas fotografías, en formato jpg e orientación vertical, que reflictan o que é a igualdade para eles (non poden aparecer persoas identificables nin ser alteradas electronicamente).
As fotografías enviaranse ao correo edlgmarcon@gmail.com
indicando o nome e apelidos do alumno/a, curso, correo electrónico e teléfono do pai/nai.
Haberá catro premios, un por ciclo, que consisten nun vale regalo de 20 euros na librería Seijas.


O obxectivo fundamental do concurso é facer reflexionar ao alumnado mediante a imaxe do que significa a igualdade, fomentar a creatividade e o pensamento crítico e analizar a percepción do alumnado da situación das mulleres e os homes na sociedade.
Así, queremos promover a visibilización de todos os modelos de familia e a igualdade en todos os ámbitos.


    ANÍMATE E PARTICIPA!!!!!

Concerto da "Sinfónica de Pontevedra"

Hoxe, parte do alumnado de infantil e primaria, achegámomos ata o Pazo da Cultura para presenciar o concerto didáctico que nos ofreceu a Orquestra Sinfónica de Pontevedra.

Un concerto cheo de máxia inspirado na historia das irmás Touza. Tres irmás que, en tempos da Segunda Guerra Mundial, axudaron a moitas persoas xudías,perseguidas polos nazis, a escapar a Portugal desde Ribadavia.

  
   

                        


                               GUSTOUNOS MOITO!!!

11/03/2025

8M "Día da Muller"

Cada 8 de marzo  conmemoramos o Día da muller , unha xornada para reivindicar a igualdade.

Visualizamos "Eu vou comigo", unha curtametraxe de Abano Producións SL dirixida por Chelo Loureiro, que busca que se traballe a autoestima e o autoconcepto positivo co alumnado de educación infantil e primaria. Foi seleccionada para a proxección en multitude de festivais de cine españois e estranxeiros e recibiu varios premios internacionais.

Podedes visionalo no seguinte enlace : 

 https://vimeo.com/1056085326?share=copy 

 Contrasinal: Igu4ldade.2025

                                                 





   Exposición de bibliografía sobre mulleres nos corredores:

         

"A IGUALDADE FAINOS MÁIS LIBRES"


08/03/2025

Contacontos con Paco Nogueiras!

Este venres, grazas á editorial Kalandraka, o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria gozaron dunha animada sesión de contacontos con Paco Nogueiras acompañada de música e moito ritmo.

Paco agasallounos cos contos : "Violín", "Polo mar salgado", "Cinco ratiños", "Tarde de sapo" , "Bim Bam Bum" e "Un, dous , tres que ves?".










Foi un verdadeiro pracer!! 

MOITÍSIMAS GRAZAS!!









02/03/2025

Entroido de Cine na Cultural

Alumnado e profesorado -vestidos de cine- achegámonos ata a Cultural, para celebrar o Entroido, onde nos esperaban expectantes as familias.

 Cun guión dirixido polo alumnado de 6º de primaria partindo dos inicios do cinema cos irmáns Lumiére e George Melier, fixemos  un percorrido polos diferentes xéneros cinematográficos: cine mudo, animación, aventuras, musical, fantasía e ciencia ficción.

“Charles Chaplin”, “Tiburóns”, “O libro da selva”, “O rei león”, “Grease”, “Piratas do Caribe”, “Avatar”, “Star Wars ”e “Cazafantasmas” foron as películas escollidas para o noso festival.

Ao remate, os postres feitos polas familias fixeron as delicias de todas e todos os presentes.










MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS FAMILIAS, ANPA, ALUMNADO E PROFESORADO POR FACER QUE ESTE FESTIVAL SEXA POSIBLE.



“La extraña visita”

O alumnado de  3º de primaria  convertirse en narrador para compartir cos nenos e nenas de infantil un conto terriblemente divertido:  “La e...