23/02/2023

CEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!

 

Ata o momento, descoñeciamos a data do nacemento da nosa poetisa, Rosalía de Castro. Agora xa o sabemos con certeza, 23 de febreiro! E en Marcón quixémolo celebrar!


Vestidos de Rosalía de Castro e de Manuel Murguía, adentrámonos na súa vida e na súa poesía..

Deixámosvos unhas fotos que resumen a xornada!




10/02/2023

CHEGOU O ENTROIDO!!!

SABES QUEN É O MECO?

 

Nenos e nenas de Marcón!

 

O Entroido está a chegar e as rúas encheranse de escenas lúdicas e espectáculos acompañados de música. Estes desfiles presídeos un boneco chamado “MECO”, que é queimado o mércores de cinza, sinalando así o fin do Entroido e o comezo da Cuaresma. Por qué cinzas? Converter ao Meco en cinzas recordaranos que a vida na terra é pasaxeira, que a vida definitiva se atopa con Deus no ceo.

 

Ao Meco, na zona de Marcón coñécese coma o "Entroido" e visitará o noso colexio, coma soe facer tódolos anos e virá cargado de mandatos a cumprir. Cada día diranos o que temos que traer vestido.

 Así que xa sabedes, estade moi atentos……

 

 

ESTA SEMANA O ENTROIDO MANDA!!


PRESENTACIÓN DO BLOG

O equipo de Voluntarios da Biblioteca foron polas titorías para presentarlle a todo o alumnado o Blog da Biblioteca e de Dinamización da Lin...