30/09/2025

"Río verde, río verde"

Onte, 29 de setembro, rematamos a xornada escolar cunha actividade musical na que todas e todos participamos.

En compañía de familiares, que poideron achegarse para celebrar con nós o "Día Mundial dos ríos", cantamos e bailamos no patio a danza "Río verde".  Foi un momento de unión e diversión no que todas e todos o pasamos moi ben.











MOITÍSIMAS GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS E POLA FANTÁSTICA PARTICIPACIÓN !!


24/09/2025

"Día Mundial dos ríos"(Cantigas no peto)

Retomamos a actividade "Cantigas no peto" celebrando o Día Mundial dos Ríos.

Invitamos a toda a comunidade escolar a que nos acompañen, cantando a bailando a danza-xogo tradicional "Río verde", o luns 29 de setembro ás 14.15 h, no patio do colexio.

 Deixamos o enlace coa música, a letra e a coreografía para que a practiquedes na casa:

 Rio Verde

ESPERÁMOSVOS!!

14/09/2025

Club de lectura de adultos

 O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS”.

É unha oportunidade para crear momentos especiais arredor da lectura, compartir tempo e opinións, todas as persoas da comunidade escolar estades convidadas a participar.


!

08/09/2025

MARCÓN: UN RÍO DE SONS

 Iniciamos un novo curso e con el un novo proxecto  "MARCÓN: UN RÍO DE SONS". 


Benvidos e benvidas a un novo curso escolar  cheo de ledicia, aprendizaxes e, como non, moita música.

QUE A MÚSICA VOS ACOMPAÑE!!!

MOCHILAS VIAXEIRAS !!

  Hoxe poñemos en marcha unha das actividades máis agardadas polo alumnado: as mochilas viaxeiras!! O equipo de Voluntario/as da Biblioteca...