27/02/2022

O Entroido de Marcón

 O día do Entroido no colexio rematou... que tristura. Pero debémolo facer moi ben porque a todo o mundo lle gustaron os nosos entroidos de palla, os nosos disfraces, o noso paseo pola contorna... grazas a todos os que o fixestes posible, así dá gusto.

Deixámosvos aquí unhas ligazóns do que foi o día de Entroido no colexio de Marcón.




Na seguinte ligazón, podedes vernos no informativo da TVG. 

E no xornal Pontevedraviva
https://pontevedraviva.com/xeral/83008/escolares-ceip-marcon-recuperan-entroido-tradicional-parroquia/?lang=es 


E na Radio Galega

E seguimos:
E despois de tanta festa é hora de rematar o Entroido. 

Quen se anima???


24/02/2022

Que VIVA o Entroido

 E despois de moito traballar estas semanas no Entroido... por fin... mañá é o gran día.

Así, mañá día 25 de febreiro os nenos e nenas do centro e sos seus profes van saír de desfile polo contorno.

Alumnado e profesorado, contando coa colaboración de familias, ANPA e veciños e veciñas do contorno vai colaborar na recuperación do Entroido tradicional de Marcón. Para isto contamos coas orientacións, axuda e colaboración dos veciños/as da parroquia que formaron parte no seu día desta tradición e da Sociedade Antropolóxica Galega que tenta dende hai anos recuperalo  e recolleu para este fin testemuños da súa celebración.

A alumnado do centro leva xa semanas traballando sobre esta festa tradicional, elaborando o disfrace, informándose das tradicións, elaborando os seus Entroidos de palla, practicando a música e o baile... todo isto coa colaboración do seu profesorado, familias e veciños/as do contorno. 

E para poñerlle o peche ao seu esforzo e festexar o Entroido imos realizar un percorrido polo contorno do centro educativo acompañados polos nosos entroidso de palla e  co traxe típico para recrear o máis fiel posible a tradición.

O alumnado (en compañía do profesorado) sairá do centro educativo ás 10:00 e ten previsto regresar ás 13:30.

Realizaranse 2 rutas diferentes:

-  Unha co alumnado de maior idade (6º de primaria) que irá á zona concreta do Entroido tradicional, no lugar de Pintos. A hora prevista de chegada é ás 10:30 da mañá e permanecerán no lugar percorrendo os camiños veciñais (adxúntase plano) ata as 11:30 para ao remataren volver polo mesmo percorrido ata o Campo da Festa de Marcón.

- Unha co alumnado de cursos inferiores que percorrerá os arredores do centro educativo polos lugares de Pazos, A Valadiña, Pumariño, Valadares (adxúntase plano) ata o Campo da Festa de Marcón.

A chegada ao campo da festa está prevista sobre as 12:00 da mañá e unha vez alí o alumnado merenderá en grupos burbulla.

Ao rematarmos a merenda, a partir das 12:30 o alumnado volverá ao centro educativo realizando o percorrido á inversa.

 

Ante a posibilidade de que os veciños e veciñas agradezan a visita dos nenos/as con alimentos non perecedoiros (tal e como sucedía no Entroido tradicional), está prevista a doazón destes alimentos ao Comedor de San Francisco, que se fará cargo da recollida dos mesmos.


Para realizarmos a saída con total seguridade, o alumnado irá acompañado de todo o profesorado do centro, mantendo os grupos burbulla, e acompañarannos 3 dotacións de Protección Civil.





Que viva o Entroido,
Que viva a compañía...
Que viva por moitos anos,
Que viva o Entroido,


20/02/2022

Día da Lingua Materna

 Hoxe celébrase o Día da Lingua Materna e queremos festexalo como se merece... e que mellor maneira que falando na nosa lingua materna e coñecendo un pouquiño máis que se celebra este día, dende cando, onde, etc.

Gozade coa lectura e lembrade que empregando a nosa lingua contribuímos a preservar e desenvolver o noso patrimonio cultural, tanto tanxible como intanxible.




08/02/2022

Presentación sobre Rosalía de Castro

 Deixámosvos hoxe unha presentación sobre a vida e obra de Rosalía que elaborou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.


Día de Rosalía by Silvia Puga López on Scribd

Día de Rosalia

 A piques estamos de celebrar o Día de Rosalía, e como a conmemoración ben o merece imos ir colgando neste blog algúns recursos para saber máis da nosa escritora máis internacional.

Empezamos cuns poemas musicados.






MOCHILAS VIAXEIRAS !!

  Hoxe poñemos en marcha unha das actividades máis agardadas polo alumnado: as mochilas viaxeiras!! O equipo de Voluntario/as da Biblioteca...